Aminoácido glicoxénico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema das distintas rutas de degradación oxidativa dos aminoácidos. Os que dan lugar a acetoacetil-CoA ou acetil-CoA poden orixinar corpos cetónicos. Os que poden orixinar outras moléculas son glicoxénicos.

Un aminoácido glicoxénico é un aminoácido que pode converterse en glicosa seguindo a vía metabólica da gliconeoxénese.[1][2] O termo contraponse a aminoácido cetoxénico, que se aplica a aqueles que se poden transformar en corpos cetónicos, aínda que hai aminoácidos que poden ser tanto glicoxénicos coma cetoxénicos.

Degradación dos aminoácidos[editar | editar a fonte]

Durante a degradación oxidativa dos aminoácidos [3] estes perden os seus grupos amino (que acaban no ciclo da urea) e os seus esqueletos carbonados restantes orixinan acetil-CoA, acetoacetil-CoA, piruvato ou moléculas do ciclo de Krebs [4], e algúns carbonos pérdense en descarboxilacións como CO2. A produción de glicosa a partir de aminoácidos implica que estes se deben converter primeiro en piruvato ou en ácidos e cetoácidos do ciclo de Krebs, tales como o alfa-cetoglutarato, succinato e oxalacetato, os cales entran na gliconeoxénese. Isto sucede no fígado e riles. A glicosa formada pode ser despois oxidada na respiración celular, e, deste modo, os aminoácidos poden contribuír á produción de enerxía en forma de ATP. Normalmente os aminoácidos son reutilizados para a síntese de proteínas ou de certos metabolitos, e só raramente entran nesta vía, pero o proceso vese incrementado cando hai un exceso de aminoácidos ou durante a catabólise que se produce durante os períodos de xexún ou en épocas de fame.

Degradación dos aminoácidos glicoxénicos[editar | editar a fonte]

Como se observa na figura do inicio da páxina, os aminoácidos glicoxénicos poden orixinar piruvato ou moléculas do ciclo de Krebs, que se poden utilizar para sintetizar glicosa. Poden darse os seguintes casos:

Aminoácidos glicoxénicos[editar | editar a fonte]

Nos seres humanos os aminoácidos exclusivamente glicoxénicos son os seguintes:

Aos anteriores hai que engadir outros, que poden ser tanto glicoxénicos coma cetoxénicos, e que son:

Só a leucina e lisina non son glicoxénicos, senón cetoxénicos.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]