Ameixas á mariñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ameixas á mariñeira
Almejas a la marinera-2009.jpg
Cazola de barro con ameixas á mariñeira.
NomeAmeixas á mariñeira
TipoGuiso
Lugar de orixeGaliza Galiza
OrixeRías Baixas
IngredientesAmeixas, cebola, tomate e viño branco

As ameixas á mariñeira son un guiso de ameixas moi típico da gastronomía de Galiza, particularmente da zona das Rías Baixas, sendo tamén moi popular noutras zonas de España coma Cantabria.[1] As ameixas elabóranse cun rustrido de cebola e tomate esmagado, e con viño branco. Todo isto aromatizado e corado con pemento. Este prato sérvese quente, tradicionalmente nunha pota ou cazola de barro.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha preparación que polo uso do marisco posúe un característico recendo e sabor a mar, provindo a denominación «á mariñeira» desta característica. Ás veces empréganse as pelas doutros marisco co obxecto de elaborar un caldo que acompañe e aromatice o prato.[2] Adóitanse empregar ameixas, aínda que nalgunhas ocasións preséntanse pratos con chirlas (chirlas á mariñeira), que acostuman ter un menor tamaño. Do mesmo xeito pode elaborarse o prato con mexillóns (mexillóns á mariñeira).

O mollo adoita ter unha cor arroibada por mor do uso do pemento doce. Nalgunhas ocasións engádese pemento tipo chile en po, que lle dá un sabor lixeiramente picante.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sordo, Enrique (1980). "Gastronomía de la provincia de Santander". En Argos Vergara. Cómo conocer la cocina española. Barcelona. p. 85. ISBN 84-7017-907-1. 
  2. Erauzkin, Iker (2007). CEAC, ed. Cocina de Fiesta. p. 32. 
  3. Cunqueiro, Álvaro (1982). Everest, ed. La cocina gallega (1.ª ed.). Madrid. ISBN 9788424122195.