Chirla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chirla
Cuncha de chirla (do Mar Negro)
Cuncha de chirla (do Mar Negro)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Familia: Veneridae
Xénero: Chamelea
Especie: C. gallina
Nome binomial
Chamelea gallina
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
  • Venus gallina Linnaeus, 1758
  • Venus striatula E. M. da Costa, 1778
  • Venus sinuata Born, 1778
  • Venus corrugatula Krynicki, 1837
  • Venus nucleus Statuti, 1880
  • Venus nuculata Locard, 1892
  • Chione schottii Dall, 1902

A chirla (Chamelea gallina, Linnaeus 1767; antes Venus gallina) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Chirla en Cataluña.

Trátase dunha ameixa de pequeno tamaño (aínda que pode chegar a medir 4-4,5 cm), de cuncha sólida, equivalva, co umbo desviado cara a parte posterior e un perfil basicamente triangular. Presenta numerosas estrías finas concéntricas. Ten tres dentes cardinais en cada valva e ningún dente lateral. O bordo interior da cuncha é dentado.

A cor é castaña clara, amarelenta ou abrancazada, normalmente con bandas radiais anchas e máis escuras.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Está presente na costa europea do Atlántico, desde Noruega ata as Canarias e Madeira, pero é máis frecuente no Mediterráneo. Vive na franxa infralitoral, ata profundidades de 50 metros.

Importancia pesqueira e comercial[editar | editar a fonte]

En Galicia non é obxecto de pesca pero na costa do Mediterráneo é máis estimada, para sopas e arroces.

Co nome de chirla desígnanse tamén outros moluscos de pequeno tamaño, e aplícase localmente á Gaivota chorona cando é nova (en Cangas, segundo Aníbal Otero) ou á lagosta común pequena (en Bares, concello de Mañón).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]