Ambosores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambosores
Igrexa parroquial de Santa María no lugar da Igrexa.
Diocese: Mondoñedo-Ferrol
Arciprestado Viveiro
Área: 8 km²
Poboación: 22 hab. (2014)
Densidade: 2.75 hab./km²
Entidades de poboación: 24

Santa María de Ambosores é unha parroquia eclesiástica pertencente ao arciprestado de Viveiro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol, e que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre catro concellos de dúas provincias: Muras e Ourol da Lugo, e Mañón e As Pontes de García Rodríguez da Coruña[1]. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 22 habitantes (14 homes e 8 mulleres)[2].

Os 24 lugares da parroquia, moitos deles despoboados, son: Ameixeiras, Couce dos Mouros, O Mouriscón, Pena do Mouriscón, O Rego e Santar de Baixo no concello de Muras. Ambosores, Baroso, A Beira da Fraga, O Cabezón, A Carcallosa, A Cereixiña, Entrambosores, A Ferraxosa, A Fraga Chá, A Igrexa, O Outeiro, A Ribeira da Señora, Santar e Toxoso no concello de Ourol. Ambosores e A Ribeira do Bispo no concello de Mañón. E finalmente A Casanova e Niño do Azor no concello das Pontes. Os catro lugares que se achan na provincia da Coruña están despoboados[3], polo que se pode considerar que a parroquia se estende só polos dous concellos da provincia de Lugo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da parroquia fai referencia aos dous ríos que se unen para formar o río Sor: o río Tras da Serra que nace no concello das Pontes e o de Santar que nace en terras de Muras. O primeiro deles fai de fronteira natural entre as provincias da Coruña e Lugo pouco despois do seu nacemento, e o segundo atravesa a parroquia de leste a oeste facendo tamén de fronteira natural entre os concellos de Muras e Ourol. Logo da unión, o río Sor segue sendo a fronteira natural das dúas provincias ata a súa desembocadura na ría do Barqueiro[3].

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia foi creada en 1895 dunha segregación da parroquia de San Pantaleón de Cabanas[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial: Situada no lugar da Igrexa (Ambosores, Ourol). Data do ano 1906 e ten planta de cruz latina[1][3].
  • Cruceiro: Está na entrada ao cemiterio e é unha doazón de Luis Castelo e Cayetana Otero no ano 1908, segundo unha inscrición na base[3].
  • Fonte lustral de Santa Lucía, preto da igrexa[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Diocese de Mondoñedo-Ferrol (ed.). "Ambosores, Santa María" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 5 de setembro de 2015. 
  2. Instituto Galego de Estatística (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Asociación informática Amigus, ed. (14/5/2013). "Ambosores celebrou, despois de case vinte anos, as súas festas patronais da Ascensión.". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 5 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]