Valeriano Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValeriano Barros
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbarbeiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Valeriano Barros Iglesias foi un barbeiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barbeiro en Pontevedra. Foi elixido secretario da sociedade Dependientes Peluqueros en 1911. Pertenceu á directiva do Recreo de Artesanos de Pontevedra. Participou na velada organizada pola Juventud Socialista en agosto de 1918 para conmemorar o primeiro aniversario da folga xeral de agosto de 1917, xunto a Ricardo Bértola, Dionisio Quintillán Cardesín, Francisco Otero Juncal e José Gómez Osorio.[1] Asistiu ao Congreso constituínte da Federación Comunista de Galicia celebrado en Pontevedra o 30 de abril de 1923, no que foi nomeado director de Nueva Aurora. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Francisco Otero Juncal e Amando Guiance Pampín.[2] En 1931 mercou a Peluquería Casiano de Pontevedra con José Barros Mera.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. *Marco, Aurora (2007). "O socialismo pontevedrés a comenzos do século XX. Ramiro Paz Carbajal (1891-1936)". Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 35–42. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  2. Galicia, 16-3-1924, p. 1.
  3. El Progreso, 8-1-1931, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]