Oskar Matute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOskar Matute

(2023) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Oskar Matute García de Jalón Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Barakaldo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 15 de xullo de 2016 – Jone Goirizelaia →

Circunscrición electoral: Biscaia
Q73419061 Traducir
29 de abril de 2009 –
Deputado do Parlamento do País Vasco
13 de xullo de 2005 – 6 de xaneiro de 2009
← Javier Madrazo Lavín

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
9 de xaneiro de 2002 – 22 de febreiro de 2005
← Javier Madrazo Lavín

Circunscrición electoral: Áraba
Q73419393 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEzker Batua - Berdeak
Alternatiba
Euskal Herria Bildu Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: oskarmatute Editar o valor em Wikidata

Oskar Matute García de Jalón, nado en Barakaldo o 5 de outubro de 1972, é un político nacionalista vasco. Dende 2009, lidera Alternatiba, partido político integrado en Euskal Herria Bildu. Anteriormente foi membro do Parlamento Vasco por Ezker Batua-Berdeak, entón o referente vasco de Esquerda Unida, partido no que militou cunha certa relevancia nos medios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Empresariais pola Universidade do País Vasco, Matute iniciouse no activismo social a través dos movementos de insubmisión ao servizo militar e o movemento pacifista Elkarri.[1] Ademais é membro da Fundación Vento Sur, a Fundación Gogoa e Comisións Obreiras.

Foi coordinador da Presidencia de Ezker Batua-Berdeak e da Presidencia Federal de Esquerda Unida, e foi membro do Parlamento Vasco nas VII e VIII lexislaturas. En ámbalas dúas exerceu como vicepresidente da Comisión de Ordenación Territorial, Transportes e Medio Ambiente; na VIII, ocupou ademais o cargo de presidente da Comisión de Control Parlamentario de Euskal Irrati Telebista.

Incorporouse á dirección de Ezker Batua en representación do colectivo Ekaitza, xurdido en 1993 como unha corrente interna partidaria do soberanismo vasco, o dereito de autodeterminación, os movementos sociais alternativos e a participación cidadá nas decisións políticas. Por mor da participación de Ezker Batua no Pacto de Estella de 1998, a corrente Ekaitza transformouse en Batzen, da que tamén foi voceiro.[2] Por aquel entón, Matute tamén era membro de Espazo Alternativo dentro de Esquerda Unida.[3]

En 2008 encabezou a única candidatura alternativa na VII Asemblea de Ezker Batua e que foi apoiada polos sectores críticos Batzen e Encontro Plural Alternativo;[4] pero o Partido Comunista de Euskadi, que até entón se mostrou discrepante coa dirección, optou por apoiar a candidatura principal, co que finalmente se ratificou de novo a Javier Madrazo como coordinador xeral, cargo do que dimitiu ante os malos resultados electorais que obtivo a súa formación nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2009.[5]

Paralelamente participou na fundación de Alternatiba Eraikitzen ('construíndo a alternativa', en éuscaro), inicialmente unha organización sociopolítica que pretendía refundar a esquerda vasca e que se constituíu en partido político co nome de Alternatiba, abandonando definitivamente Ezker Batua, en abril de 2009. Alternatiba, que se define como un partido soberanista e de esquerdas,[6] en 2011 integrouse na coalición electoral Bildu xunto con Eusko Alkartasuna e independentes da esquerda abertzale.[7] Nas eleccións municipais de 2011 Oskar Matute pechou a lista de Bildu en Barakaldo.

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 resultou electo como integrante da lista da coalición Euskal Herria Bildu (EH Bildu) pola circunscrición de Biscaia.[8] Nas eleccións de 2016 encabezou a lista de EH Bildu ao Congreso por Biscaia, resultando elixido deputado, polo que foi substituído no Parlamento Vasco pola avogada Jone Goirizelaia.[9] Repetiu escano nas eleccións xerais de abril de 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unai Morán. «Oskar Matute: "Vamos a mostrar el respeto que se merecen todas las víctimas"». El País. 16 de decembro de 2011.
  2. José Ramón Castaños. «Los nuevos dilemas de Ezker Batua». Hika. 5 de novembro de 2004.
  3. «Espacio Alternativo, nueva corriente en la coalición». El País. 28 de xuño de 1998.
  4. Ignacio Medrano. «Los críticos de EB cuestionan a Madrazo y piden que una gestora prepare su asamblea». El Correo. 5 de abril de 2008.
  5. Ignacio Medrano.
  6. «Los críticos abandonan EB e inician su andadura como 'Alternatiba Eraikitzen'». Europa Press. 29 de abril de 2009.
  7. Txisko Fernández. «Bildu acude a las elecciones con un proyecto a largo plazo Arquivado 25 de agosto de 2012 en Wayback Machine.». Gara. 4 de abril de 2011.
  8. «EH Bildu apuesta por "un Ejecutivo que traiga el cambio a este país" Arquivado 13 de outubro de 2012 en Wayback Machine.». Gara. 10 de setembro de 2012.
  9. David Yurre. «Jone Gorizelaia vuelve al Parlamento vasco». Cadena SER. 18 de junio de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]