Amañecer (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amañecer
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Amañecer foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Quincenario defensor de los intereses gallegos, apareceu o 6 de xullo de 1933.[1] Dirixido por Xoán Xesús González, foi voceiro oficioso da Unión Socialista Galega. Aparecía os días 1 e 15 de cada mes. Promovido por Jesús Abruñeiras, entre os seus colaboradores figuraron Francisco Fernández del Riego, Melchor Fernández Almagro, M. Devesa, Juan Rof Codina, Eduardo Blanco Amor e Agustín Rivasar. Editábase na Editorial Nós, imprenta de Ánxel Casal. O último número conservado é o 4, que corresponde ao 1 de setembro de 1933.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]