Celso Pérez Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celso Pérez Enríquez
Nacemento1 de abril de 1885
Lugar de nacementoCerdal
Falecemento18 de agosto de 1936
Lugar de falecementoAlto do Forriolo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Celso Pérez Enríquez, coñecido como Celso de Poulo, nado o 1 de abril de 1885 en Cerdal (Gomesende) e finado no Alto do Forriolo o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Porto Rico en 1902, con 17 anos. Retornou a Galicia en 1918 e coñeceu á que había ser a súa muller, Dolinda Pérez Fernández, coa que casou ao ano seguinte. Instalou unha tenda en Gomesende chamada El Recreo Obrero. Durante a Segunda República foi simpatizante da ORGA e do Partido Galeguista. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o 16 de marzo, o gobernador de Ourense nomeouno alcalde de Gomesende. O día 23, o Pleno da Deputación designouno deputado polo distrito de Celanova e Bande e representante da Xunta Provincial de Transporte.

Lois Antón Pérez depositando flores no monumento aos represaliados no Alto do Forriolo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á Prisión Provincial de Ourense, de onde pasou ao mosteiro de Celanova. Foi fusilado no Alto do Forriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, o 18 de agosto de 1936 e soterrado nunha foxa común. Os seus restos foron exhumados polo seu fillo Arturo Pérez Pereira en 1981.

O poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte dedicoulle un poema.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domínguez Alberte, Xoan Carlos (2009). Incivil. Toxosoutos. p. [cómpre nº de páxina]. ISBN 9788492792207. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
'
 
Alcalde de Gomesende
 
1936
Sucesor:
'