Alonso Pérez de Guzmán
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xaneiro de 1256 León |
| Morte | 19 de setembro de 1309 Gaucín |
| Lugar de sepultura | Antiguo Monasterio de San Isidoro del Campo |
| 1º Lord of Sanlúcar (en) | |
| Alcaide | |
| | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | Guzmán el Bueno |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | guerreiro |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Coroa de Castela |
| Participou no conflito | Primeiro Cerco de Gibraltar (pt) |
| Outro | |
| Título | Lord of Sanlúcar (en) |
| Familia | Casa de Guzmán e House of Medina-Sidonia (en) |
| Cónxuxe | María Alonso Coronel |
| Fillos | Pedro Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Isabel de Guzmán, Juan Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Leonor Alonso Pérez de Guzmán y Coronel |
| Pais | Pedro Núñez de Guzmán NN |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Alonso Pérez de Guzmán, nado en León en 1256 e finado en Gaucín (Málaga) en 1309[1], foi un nobre castelán pertencente á casa ducal de Medina Sidonia. Duque de Niebla e alcumado Guzmán o Bo (Guzmán el Bueno), era fillo bastardo do adiantado maior de Andalucía, Pedro Núñez de Guzmán.
Por desavinzas cos seus irmáns abandona o reino de Castela e ponse ó servizo do sultán de Marrocos. Volve a Castela en 1291, chamado por Sancho IV, quen quería aproveita-lo seu coñecemento e relacións cos musulmáns na súa loita cos benimeríns polo control do estreito de Xibraltar. Participa na conquista castelá de Tarifa no 1292, e é nomeado alcaide da praza en 1293.
É aquí de onde xorde a lenda de Guzmán o Bo, xa que o sultán benimerín Ibn Ya'qub e o infante Xoán, irmán do rei, intentan conquista-la praza en 1294. Como unha frota aragonesa estaba a piques de chegar para rompe-lo asedio, os benimeríns intentan acelera-la rendición da praza capturando ó fillo de Guzmán e ameazando con matalo se o alcaide non rendía Tarifa. Segundo a lenda, Guzmán non só non se rendeu senón que ofreceu ós sitiadores o seu propio coitelo para que cumprisen a súa ameaza, cousa que fixeron, xesto heroico que lle gañou o alcume "O Bo".
O asedio fracasou finalmente, e Guzmán seguiu combatendo contra os musulmáns no sur de España ata a súa morte na Serranía de Ronda.