Allison Mack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Allison Mack
Allison Mack at ComicCon 2009 NN.jpg
Allison Mack no Comic Con de San Diego no 2009.
Nome completoAllison Mack
Nacemento29 de xullo de 1982 (37 anos)
LugarPreetz (República Federal de Alemaña República Federal Alemá, na actualidade Alemaña Alemaña)
NacionalidadeAlemaña
Cónxuxe(s)Nicki Clyne
ProfesiónActriz (1989–presente)
http://www.allisonmack.com/
editar datos en Wikidata ]

Allison Mack, nada en Preetz (Alemaña) o 29 de xullo de 1982, é unha actriz estadounidense de cinema, teatro e televisión. É coñecida por interpretar a Chloe Sullivan na serie de televisión Smallville.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Alemaña, ós dous anos de idade trasladouse coa súa familia ó sur de California, Estados Unidos. É filla de Jonathan e Mindy Mack. O seu pai foi cantante de ópera. Ten un irmán maior chamado Robyn e unha irmá menor chamada Shannon. Actualmente vive en Vancouver, Canadá, onde se filma a serie de televisión Smallville.

Comezou a súa carreira ós catro anos participando en comerciais de televisión. A súa primeira presentación foi un comercial para "German Chocolate". Con sete anos matriculouse no Young Actors Space dos Ánxeles e logo comezou a traballar no teatro. Despois diso, participou en varias series de televisión e filmes aínda que o papel que lle deu máis fama é o de Chloe Sullivan en Smallville. Ten o seu propio spin-off, unha serie en liña chamada Smallville: Chloe Chronicles que tamén conta con personaxes da serie orixinal como Green Arrow (Justin Hartley). Agora está a traballar nunha nova serie en liña chamada Riese.

Mack no Comic Con do 2009.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1989 Police Academy 6: City Under Siege Rapaza Filme
I Know My First Name is Steven Nettie Telefilme
1990 Shangri-La Plaza Jenny Serie de televisión (1 Episodio "Piloto")
Empty Nest Gloria Serie de televisión (1 Episodio: "There's No Accounting")
1991 Switched at Birth Normia Twigg Telefilme
Living a Lie Stella Telefilme
1992 The Perfect Bride Stephanie Telefilme
A Private Matter Terri Finkbine Telefilme
A Message from Holly Ida Telefilme
1993 Evening Shade Julia Serie de televisión (2 Episodios "The Diary of Molly Newton" & "The Dance")
Night Eyes Three Natalie Filme
A Mother's Revenge Wendy Sanders Telefilme
1994 Camp Nowhere Heather Filme
1995 No Dessert, Dad, Till You Mow the Lawn Monica Cochran Filme
Dad, the Angel & Me Andrea Telefilme
Sweet Justice Jessica Serie de televisión (1 episodio: "Broken Ties")
1996 Stolen Memories: Secrets from the Rose Garden Katie Telefilme
The Care and Handling of Roses Bess Townsend Telefilme
Unlikely Angel Sarah Bartilson Telefilme
1997 Honey, We Shrunk Ourselves Jenny Szalinski Filme
Hiller and Diller Brooke Serie de televisión
1998 7th Heaven Nicole Jacob Serie de televisión (1 episodio: "Cutters")
1999 Providence Alicia Serie de televisión (1 episodio: "Good Fellows")
2000 Opposite Sex Kate Jacobs Serie de televisión (8 episodios)
2001 Kate Brasher Georgia Serie de televisión (1 episode: "Georgia")
My Horrible Year! Nicola 'Nik' Faulkner Telefilme
Smallville Chloe Sullivan Serie de televisión (20012011)
2002 The Nightmare Room Charlotte Scott Serie de televisión (2 episodios: "Camp Nowhere, Parts 1 & 2")
2003 Smallville: Chloe Chronicles Chloe Sullivan Serie da Web (8 episodios (20032004)
2006 Smallville: Vengeance Chronicles Chloe Sullivan Serie da Web (6 episodios)
Ant Bully, benvido ao formigueiro Tiffany Nickle (voz) Filme de animación
The Batman Clea (voz) Serie de televisión (1 episodio: "The Everywhere Man")
2008 Alice & Huck Alice Curtametraxe
2009 You Quincey Filme (Drama)
Miserable Old Beasts [1] Sophie Curtametraxe
Superman/Batman: Public Enemies Power Girl (voz) Filme de animación
2010 Smallville: Absolute Justice Chloe Sullivan Telefilme
Riese the Series Marlise Serie da Web (3 episodios)
Frog Her Curtametraxe
Purgatory[2] Muller Curtametraxe
Dirty Little Secret Lauren Belle (voz) 10-part serie online
Marilyn Marilyn Filme independente
Blink Produtora Curtametraxe

Premios e Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios
Ano Premio Categoría Traballo Resultado
2002 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Nomeada
2003 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Nomeada
2004 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Nomeada
2005 Saturn Award Mellor Actriz na Televisión Smallville Nomeada
Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Nomeada
2006 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Gañadora
Saturn Award Mellor Actriz na Televisión Smallville Nomeada
2007 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Gañadora
2008 SyFy Genre Award Mellor Actriz Smallville Gañadora
2009 Teen Choice Award Mellor Sidekick nunha serie de TV Smallville Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]