Alistair Te Ariki Campbell
Alistair Te Ariki Campbell | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1925 |
Lugar de nacemento | Illa de Rarotonga |
Falecemento | 16 de agosto de 2009 |
Lugar de falecemento | Wellington |
Nacionalidade | Nova Zelandia |
Alma máter | Universidade Vitoria de Wellington |
Ocupación | letrista, poeta e escritor |
Cónxuxe | Meg Campbell e Fleur Adcock |
Premios | Officer of the New Zealand Order of Merit e Prime Minister's Awards for Literary Achievement |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alistair Te Ariki Campbell, nado o 25 de xuño de 1925 en Rarotonga e finado o 16 de agosto de 2009 [1], foi un escritor neozelandés, orixinario das Illas Cook.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado dunha nai maorí, Teu Bosini e dun pai neozelandés Jock Campbell, pasou a súa infancia en Penrhyn, illa de onde era orixinaria a súa familia materna, logo da morte de súa nai en 1932 por tuberculose, e de seu pai ao ano seguinte, enviárono cos seus dous irmáns ao orfanato de Dunedin (Nova Zelandia).
En 1943 comezou a estudar na Universidade de Otago, despois ingresou no "Wellington Teachers College", non rematou os seus estudos e comezou a traballar como xardineiro do hospital da Cruz Vermella de Wellington, dedicándose ao tempo a ler e escribir, publicando o seu primeiro poema en 1950, "Elegy", na revista literaria "Mine Eyes Dazzle". Nese mesmo ano casou coa escritora Fleur Adcock, antes de divorciarse en 1958 para se unir a unha actriz nova, Meg Anderson. En 1961 publicou unha novela infantil, "The Happy Summer". Os seus primeiros escritos reflicten apenas reflicten as súas orixes polinésicas, será a partir da década de 1960, cando comeza a se interesar pola historia dos maorís de Nova Zelandia, en 1963 publicou "Sanctuary of Spirits", unha historia dos Ngati Toa, tribo instalada preto de Pukurua Bay; nos anos seguintes compuxo unha serie de poemas sobre o mesmo tema, finalmente publicados en 1972 nunha escolma titulada "Kapiti". En 1974, unha das súas pezas "When the Bough Breaks" púxose en escena en Wellington. Entre 1976 e 1979 foi presidente do PEN Club de Nova Zelandia.
En 1979 retorna por primeira vez ás Illas Cook, visitando Rarotonga e Penrhyn, inspirándolle unha das súas composicións máis célebres, "The Dark Lord of Savaiki" aparecida en 1980 e tamén "Stone Rain: The Polynesian Strain" (1992). En 1984 publicou as súas memorias co título de "Island to Island".
En 2005, Alistair Te Ariki Campbell recibiu pola súa obra o "Prime Minister’s Awards for Literary Achievement"
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- "Kapiti", Pegasus Press, 1972
- "The Dark Lord of Savaiki", Te Kotare Press, 1980
- "Stone Rain: The Polynesian Strain", Hazard Press, 1992.
- "Pocket Collected Poems", Hazard Press, 1996.
- "Gallipoli and Other Poems", 1999
- "Maori Battalion: A Poetic Sequence", Wai-te-ata Press, 2001.
Novelas[editar | editar a fonte]
- "The Happy Summer", 1961
- "Fantasy With Witches" 1999
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Poet Campbell dies". radionz.co.nz. 2009-08-16. Consultado o 2009-08-16.