Illa de Rarotonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Rarotonga
Vista da illa
Fotografía de satélite da illa de Rarotonga
Datos
Capital
País Illas Cook
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 14.153 hab.
Superficie 67,1 km²
Densidade
Coordenadas 21°0′S 160°0′O / -21.000, -160.000
Maior Altura 653 m. Te Manga
Localización
Localización

Rarotonga é a illa máis poboada das Illas Cook, ten 9.500 habitantes.

A illa alberga os edificios do parlamento das Illas Cook e o Aeroporto Internacional de Rarotonga. Debido a que Rarotonga é a illa máis poboada, en ocasións fálase dos insulares como rarotonganos, aínda que poden provir dalgunha das outras 15 illas, como Aitutaki ou Mangaia.

Rarotonga elévase 4.500 metros desde o fondo oceánico. O perímetro da illa mide uns 32 km. A aproximadamente 4.000 metros de profundidade, o volcán ten como 50 km de diámetro. O punto da illa a maior elevación sobre o nivel do mar atópase a 658 metros.

O principal núcleo de poboación da illa, coñecido como Avarua, é o centro administrativo das Illas Cook.