Saltar ao contido

Alicudi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alicudi
 Nome orixinal
    Alicudi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   105 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,3 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   2,9 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   675 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal98050 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap8504474 Editar o valor en Wikidata
VIAF315529129 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06x36j Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Alicudi é a máis occidental das oito illas que forman as Illas Eolias, unha cadea volcánica de illas ao norte de Sicilia. A illa está a uns 40 km ao oeste de Lipari, ten unha superficie total de 5,2 km², e é máis ou menos de forma circular.

Vista do porto de Alicudi

A illa foi formada polo agora extinto volcán Montagnola, aproximadamente hai uns 150.000 anos. Estímase que o a última erupción tivo lugar hai uns 28.000 anos.

A illa foi poboada xa no século XVII a. C., como demostran algunhas probas arqueolóxicas atopadas deste período. Fragmentos de cerámica da Roma antiga, que datan de moitos séculos máis tarde, pódense atopar na costa oriental da illa.

O nome actual de "Alicudi" é unha corrupción do nome grego antiga de Ericusa (Illa de Erica), derivado da planta coñecida como Erica, máis coñecida como o brezo, que aínda crece nas abas da illa. Durante moitos séculos, Alicudi foi o branco de frecuentes incursións de piratas. En consecuencia, a poboación da illa viuse obrigada a buscar refuxio en pequenas casas construídas en socalcos altos, e tamén significa ter unha agricultura moi simple e xunto o cultivo de pexegos foron os fundamentos da modesta economía da illa.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Hoxe en día hai ao redor de 120 habitantes, que na súa maioría viven da pesca ou da pequena agricultura da illa. Só hai un restaurante na illa, e o menú depende en gran medida do peixe que pescan os pescadores locais, ou o que a subministración de alimentos que trae o hidroplano.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]