Saltar ao contido

Alice Szászné Burger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice Szászné Burger
Biografía
Nacemento1925
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
País de nacionalidadeHúngara.
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd.
Q89547790Estudos de numismática romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía e arqueoloxía.
Ocupaciónarqueóloga, museóloga Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1971: Medalla conmemorativa Kuzsinszky Bálint.
- 1982: Premio Móra Ferenc.

Alice Szászné Burger, nada en Budapest en 1925, é unha arqueóloga e numismática húngara especializada nas provincias romanas.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de acabar a súa educación secundaria en 1947, Alice Szászné Burger cursou os seus estudos superiores de Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade Eötvös-Loránd, de Budapest, na que se graduou en 1952. En 1959 acadou o seu doutoramento en arqueoloxía da Antigüidade cunha tese sobre a moeda e a circulación monetaria no baixo Imperio Romano na provincia romana de Pannonia, que foi publicada en 1981.[1][2]

Entre 1949 e 1950 traballou no Centro nacional de Museos e Monumentos de Hungría, e de 1951 a 1982 desenvolveu a súa actividade no Museo Nacional Húngaro, onde dirixiu o departamento de Investigación de Solos, e da súa colaboración co director xeral do museo, Ferenc Fülep, xurdiron varias publicacións conxuntas.[1][2]

As áreas nas que centrou as súas investigacións son a arqueoloxía da Roma provincial, especialmente a relativa á provincia de Pannonia e á antiga cidade de Aquincum, así como o estudo dos cemiterios e dos rituais funerarios, a investigación sobre monumentos e a numismática. Con estas liñas de interese, participou en diversas escavacións nas provincias húngaras de Baranya, Tolna e Somogy, e participou en proxectos de investigación como Tabula Imperii Romani (para a creación dun mapa arqueolóxico do Imperio Romano), Corpus Signorum Imperii Romani (para a catalogación das esculturas imperiais) e Corpus Inscriptionum Latinarum (sobre as inscricións latinas antigas, fundamentalmente en Hungría).[2]

Alice Szászné Burger foi, durante varios anos, a editora da revista Régészeti Füzetek ("Cadernos arqueolóxicos"), do Museo Nacional Húngaro.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1971: Medalla conmemorativa Kuzsinszky Bálint.[1]
  • 1982: Premio Móra Ferenc.[1]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1959): Aldozati jelenet Pannónia köemlékein. Budapest. Magyar nemzeti múzeum.
  • (1966): The late roman cemetery at Ságvár. Akadémiai Nyomda. Budapest. Acta archaeologica Academiae Scientiarum Hungaricae, 18.
  • (1974): Pécs római kori kőemlékei (con Ferenc Fülep). Pécs. Janus Pannonius Múzeum.
  • (1979): Das spätrömische Gräberfeld von Somogyszil. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-1855-4
  • (1981): Late Roman money circulation in South-Pannonia. Budapest. Ungarisches Nationalmuseum. ISBN 963-562-922-2
  • (1984): Das Gebiet zwischen der Drau und der Limesstrecke Lussonium-Altinum (con Ferenc Fülep). Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-3254-9
  • (1991): Die Skulpturen des Stadtgebietes von Sopianae und des Gebietes zwischen der Drau und der Limesstrecke Lussonium-Altinum. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-5595-6

Ascolma de rtigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Sz. Burger Alice Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine.". Who's who in the Hungarian Archaeology.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Perfil biográfico na contraportada en Burger, Alice Sz. (1979): Das spätrömische Gräberfeld von Somogyszil. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-1855-4