Alfredo Llana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfredo Llana
Información persoal
Nome Alfredo Llana Díaz
Nacemento 22 de maio de 1922
Lugar de nacemento Oviedo
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1946–1948 Deportivo da Coruña 22 (0)
1952–1953 Avilés 12 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Alfredo Llana Díaz, nado en Oviedo o 22 de maio de 1922, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en Primeira División na 1946–47 no Deportivo da Coruña, da man do adestrador Hilario Marrero. Nesa campaña non foi un habitual do cadro adestrado en primeiro lugar polo preparador canario e logo por Francisco Graña, participando en 5 encontros e coñecendo tan só nun a vitoria. Ese ano o equipo coruñés descendeu a Segunda División.

Na tempada 1947–48 gozou de continuidade no equipo adestrado por Luis Urquiri. Foi un habitual da defensa, xunto co vigués Antonio García, Manuel Alepuz e o coruñés Pedrito. Llana participou en 17 encontros. Nesta campaña o equipo coruñés logrou o ascenso a Primeira División, tras quedar segundo clasificado na liga detrás do Real Valladolid.

Na tempada 1952–53 xogou no Real Avilés, en Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]