Alfred Zierler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfred Zierler
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Himberg, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , numismático , deseñador Editar o valor em Wikidata
Premios

Alfred Zierler, nado o 28 de maio de 1933 en Himberg, na Baixa Austria, é un medallista, gravador e deseñador de moeda austríaco.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfred Zierler graduouse aos 18 anos dos seus estudos de gravado e só dous anos despois, en 1953, ingresou na Casa da Moeda de Austria (Münze Österreich), en Viena, onde se encargou do procesamento manual dos cuños e os punzóns. A súa formación como gravador de esmaltes serviulle cando se lle encomendou a reorganización do deseño das medallas e das condecoracións austríacas logo da segunda guerra mundial. Finalmente, en 1984 foi nomeado gravador xefe da ceca vienesa e permaneceu nese posto ata a súa xubilación en 1993.[1]

En 1993, conmemorando a fin dos seus servizos na ceca austríaca, Zierler foi condecorado coa Goldenes Ehrenzeichen, a medalla gobernamental polos servizos prestados á República de Austria.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Polo xeral, as moedas deseñadas por Zierler amosan, a modo de sinatura, a lenda A. ZIERLER ou ben ZIERLER A. nalgún lugar do campo ou do motivo representado. Entre as moedas austríacas responsabilidade de Zierler pódense destacar as seguintes:[1][2]

  • 1967: 25 xilins (reverso) 250º aniversario do nacemento de María Tareixa [km# 2901].[3]
  • 1977: 100 xilins (reverso). 500º aniversario da ceca de Hall, no Tirol [km# 3936].[4]
  • 1978: 50 xilins (reverso). 150º aniversario da morte de Franz Schubert [km# 2937].[5]
  • 1978: 100 xilins (reverso). 1100º aniversario da cidade de Villach [km# 2940].[6]
  • 1979: 100 xilins (reverso). Centro Internacional de Viena [km# 2944].[7]
  • 1981: 500 xilins (reverso). 100º aniversario do nacemento de Otto Bauer [km# 2953].[8]
  • 1982: 500 xilins (reverso). 80º aniversario do nacemento de Leopold Figl [km# 2959].[9]
  • 1984: 500 xilins (reverso). 175º aniversario da Rebelión do Tirol [km# 2966].[10]
  • 1984: 500 xilins (reverso). 700º aniversario da abadía de Stams, no Tirol [km# 2968].[11]
  • 1985: 500 xilins (reverso). 40º aniversario do fin da II guerra mundial [km# 2972].[12]
  • 1987: 500 xilins (reverso). 150 anos de ferrocarril en Austria [km# 2981].[13]
  • 1988: 500 xilins (reverso). 850º aniversario da abadía de San Georgenberg [km# 2984].[14]
  • 1989: 500 xilins (anverso e reverso). Art Nouveau: Gustav Klimt. [km# 2987].[15]
  • 1991: 20 xilins (reverso). 200º aniversario de Franz Grillparzer [km# 2995].[16]
  • 1991: 100 xilins (anverso e reverso). 700º aniversario da morte de Rodolfo I [km# 3001].[17]
  • 1991: 1000 xilins (anverso e reverso). 200º aniversario da morte de Mozart [km# 2999].[18]
  • 1994: 1000 xilins (anverso e reverso). 800º aniversario da Casa da Moeda de Viena [km# 3018].[19]
  • 1995: 1000 xilins (anverso e reverso). 100 anos do Movemento Olímpico [km# 3028].[20]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]