Saltar ao contido

Alfred Bosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHonorábel Editar o valor en Wikidata
Alfred Bosch

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Alfred Bosch i Pascual Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Regional Minister for Foreign Action, Institutional Relations and Transparency of the Government of Catalonia (en) Traducir
22 de novembro de 2018 – 9 de marzo de 2020
← Ernest Maragall (pt) TraducirBernat Solé Barril →
Gabinete ministerial: Goberno de Quim Torra

Nomeado por: Quim Torra
Concelleiro de Barcelona
13 de xuño de 2015 – 23 de novembro de 2018
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Barcelona

Director of Contemporary issues research center (en) Traducir
2007 – 2010
← Joaquim AlbaredaFerran Sáez-Mateu (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, catedrático, político, Africanista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Aberta de Cataluña (2020–)
Universidade Autónoma de Madrid
Universidade de Londres
Universidade de Ibadan
Universidade de Chicago
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

IMDB: nm2086477 Facebook: alfredboschpascual Twitter: AlfredBosch BNE: XX1080574 Dialnet: 54572 Editar o valor en Wikidata

Alfred Bosch Pascual, nado en Barcelona o 17 de abril de 1961, é un profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, ademais de novelista, ensaísta e político catalán. É un moi recoñecido dentro da literatura catalá contemporánea. No plano político está ligado a ERC.[1]

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1984 e doutorado en Historia pola Universidade de Barcelona en 1994 (coa tese Nelson Mandela, l'últim Home-Déu), exerceu de profesor de Historia na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade de Chicago, na Universidade de Londres, na Universidade de Ibadan (Nixeria), na Universidade de Witwatersrand (Suráfrica) e na Hood College (Washington).[2]

En ficción publicou un bo número de novelas, algún libro de relatos e ten colaborado en antoloxías. A súa narrativa adoita contar cunha traballada ambientación histórica, unha notable vocación viaxeira e un tratamento psicolóxico dos personaxes singular. Boa parte das súas obras están traducidas ao castelán, ao francés e ao portugués.

Como ensaísta, centrouse en reflexións sobre a realidade africana, pero tamén fixo incursións no debate sobre Europa e sobre a sociedade catalá.

Ten colaborado en diversos medios de comunicación de forma regular.

Político

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 2010 e 2011 foi o voceiro de Barcelona Decideix, plataforma transversal que organizou unha consulta popular sobre a independencia na cidade de Barcelona o 10 de abril de 2011.[Cómpre referencia]

O 20 de novembro de 2011 foi elixido deputado, como cabeza de lista de Esquerra Republicana de Catalunya en coalición con Reagrupament e Catalunya Sí, da X lexislatura ao Congreso dos Deputados.

Narracións

[editar | editar a fonte]
  1. Belmonte, Eva. El Mundo, ed. "Alfred Bosch: Un académico del independentismo". Elecciones Generales: ERC. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  2. Nueva Economía Fórum, ed. (4/11/2011). "Alfred Bosch". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]