Patxi Lazcoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patxi Lazcoz
Patxi Lazkoz Gasteizko alkate ohia 2009an.jpg
Nacemento30 de agosto de 1965
 Pamplona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Patxi Lazcoz Baigorri, nado en Pamplona o 30 de agosto de 1965, é un político do País Vasco que foi alcalde de Vitoria polo Partido Socialista de Euskadi dende as eleccións municipais de 2007 até xuño de 2011. Aínda que naceu en Pamplona, dende moi novo trasladouse a Vitoria.

Licenciado en Dereito, a súa incursión na actividade política comezou en 1991, cando foi elixido concelleiro do Concello de Vitoria. Ao longo do sete primeiros anos ocupou distintas responsabilidades, quedando como concelleiro sen delegación en 1998 ao romper os acordos entre o Partido Socialista e o Partido Nacionalista Vasco, quen ocupaba a alcaldía. En 2003 Patxi Lazcoz foi cabeza de lista do PSE-EE ao concello vitoriano e voceiro do seu grupo municipal. En 2007, o PSE obtivo a maioría relativa nas eleccións municipais, sendo elixido alcalde.

Nas últimas eleccións celebradas en 2011 presentouse á reelección, pero o seu partido pasou a ser a terceira forza política, perdendo a alcaldía. Desde entón exerce como voceiro do grupo municipal do PSE-EE no concello de Vitoria.

Predecesor:
Alfonso Alonso
Escudo de Vitoria.svg
Alcalde de Vitoria

2007-2011
Sucesor:
Javier Maroto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]