Alfonso Álvarez Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de setembro de 2009 ás 17:48 por Atobar (conversa | contribucións)

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui en 1939, é un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Darío Álvarez Blázquez e irmán de Darío Álvarez Gándara. Articulista na prensa galega, en 1967 recibiu o premio Fernández Latorre polo seu artigo La Iglesia no habla la misma lengua que los gallegos. Foi un dos promotores do Movemento Socialista de Galicia e tras a integración deste co Partido Socialista Galego foi candidato a deputado nas eleccións xerais de 1977. Elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1979 nas listas de Unidade Galega Foi secretario xeral do Partido Galeguista (1981-1983). Exerce como decano do Colexio de Avogados de Vigo desde 1989[1] e foi presidente do Consello da Avogacía Galega.

Notas

  1. Alfonso Álvarez Gándara reelixido para un cuarto mandato no ICA Vigo, Consello da Avogacia Galega, 20 de decembro de 2004