Alexandre Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre Hermida
Nacemento19 de setembro de 1977
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade Pontificia de Salamanca e Universidade Antonio de Nebrija
Ocupaciónenxeñeiro, escritor e consultor
PaiModesto Hermida
IrmánsSabela Hermida
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Hermida Mondelo, nado en Vigo o 19 de setembro de 1977, é un enxeñeiro informático e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou Matemáticas na USC e logo fíxose enxeñeiro Superior en Informática e diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade Antonio de Nebrija e tamén Executive Master en Dirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información polo Instituto de Empresa de Madrid. Participou nos programas Gestalent (2001) e Campus de Excelencia da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (2005). Ademais é doutorando no programa da Sociedade da Información e o Coñecemento da UPSA. Ten formación en xestión e experiencia docente xa que foi coordinador de posgraos na Universidade Pontifica de Salamanca e profesor na UCJC.[1]

Foi formador in company para compañías como EADS, Banco Sabadell ou Mapfre e liderou proxectos para o BBVA, Endesa, Telefónica, Agbar, La Caixa e Repsol. Exerce como consultor en Madrid, onde reside, e participou en varios proxectos empresariais relacionados coa tecnoloxía.[1][2][3]

Publicou vinte libros en múltiples áreas do management en coautoría coa súa parella, Inmaculada Iglesias Fernández. Tamén artigos científicos e de divulgación.

Obra, con Inmaculada Iglesias Fernández[editar | editar a fonte]

  • Procesadores de textos y presentaciones de información básicos. Aplicaciones imprescindibles en la edición de textos empresariales (2014). Ideaspropias ED. ISBN 978-84-9839-477-1.
  • Transmisión de información por medios convencionales e informáticos. Mecanismos de la comunicación multimedia (2014). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-479-5.
  • Tratamiento básico de datos y hojas de cálculo. Desarrollo de funciones y gráficos sencillos (2014). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-478-8.
  • Sistemas de archivo y clasificación de documentos. Técnicas y procedimientos de gestión de la información (2014). Ideas propias Ed. ISBN 978-84-9839-131-2.
  • Gestión auxiliar de reproducción en soporte convencional o informático. Funcionamiento básico de equipos de reprografía y operaciones de encuadernación funcional (2014). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-481-8.
  • Operaciones auxiliares en el punto de venta. Desarrollo e impulso de la actividad comercial (2014). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-472-6.
  • Gestión auxiliar de archivo en soporte convencional o informático. Operatividad de los sistemas de archivo y bases de datos (2014). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-480-1.
  • Plan e informes de marketing internacional. Herramientas y documentación en el desarrollo de estrategias y análisis comerciales (2015). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-526-6.
  • Políticas de marketing internacional. Estrategias de producto, precio, comunicación y distribución (2015). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-525-9.
  • Técnicas de recepción y comunicación. Procesos de comunicación interpersonal en organizaciones públicas y privadas (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-582-2.
  • Aplicaciones informáticas de gestión comercial. Registro, almacenamiento y administración en operaciones de compraventa (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-585-3.
  • Gestión de la atención al cliente/consumidor. Legislación y calidad de servicio en el proceso comercial (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-577-8.
  • Técnicas de venta. Negociación comercial, fidelización de clientes y resolución de conflictos (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-572-3.
  • Operaciones de caja en la venta. Equipos y procesos para el cobro y pago en actividades comerciales (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-576-1.
  • Técnicas de información y atención al cliente/consumidor. Comunicación y asesoramiento al usuario en actividades de venta (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-578-5.
  • Gestión administrativa del proceso comercial. Legislación y control de mercancías en operaciones de compraventa (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-584-6.
  • Gestión de archivos. Técnicas documentales y sistemas gestores de bases de datos (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-586-0.
  • Organización de procesos de venta (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-571-6.
  • Atención al cliente en el proceso comercial. Comunicación en operaciones de compraventa (2016). Ideaspropias Ed. ISBN 978-84-9839-583-9.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alexandre Hermida Mondelo, docente de IMF Business School". www.imf-formacion.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-22. 
  2. "ALEXANDRE HERMIDA MONDELO Información del ejecutivo o administrador y su cargo.". www.expansion.com. Consultado o 2021-11-22. 
  3. "ALEXANDRE HERMIDA MONDELO - Cargos en empresas". www.empresia.es. Consultado o 2021-11-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]