Saltar ao contido

Alessandro Farnese (duque de Parma)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlessandro Farnese

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1545 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1592 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Arras, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanctuary of Santa Maria della Steccata (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Gobernador dos Países Baixos
1578 – 1592
← Xoán de AustriaPeter Ernst I. von Mansfeld (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Alcalá (histórica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, diplomático, militante Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Flandres
Guerra anglo-española de 1585-1604 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Farnesio Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria de Portugal, Duquesa de Parma e Piacenza (1566 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMargarida Farnésio, Ranuccio I Farnésio, Eduardo Farnésio Editar o valor en Wikidata
PaisOctávio Farnésio Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Parma Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Farnese, Alessandro
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1141792 WikiTree: Farnese-13

Alessandro Farnese, nado en Roma o 27 de agosto de 1545 e finado en Arras (Francia) o 3 de decembro de 1592, foi un xeneral español e duque de Parma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Margarida de Parma e polo tanto neto de Carlos I. Estudou na Corte española e casou con María de Portugal. En 1571 destacou na batalla de Lepanto como man dereita de Juan de Austria. No 1574 ordénaselle dirixi-los terzos españois en Italia, cos que se dirixiu a Flandres para defende-los intereses da coroa. No 1578 seguindo a recomendación do seu fillo Xoán, Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos.

Durante o seu goberno tomou Maastricht e confirmou a vixencia do Edicto Perpetuo, tratado polo cal Filipe II era recoñecido como único monarca lexítimo dos Países Baixos e a católica como a única relixión. Nos seguintes anos, combatendo contra a Unión de Utrecht comandada por Guillerme de Orange, Farnesio tivo que ceder algunhas prazas importantes: Cambrai, Anveres... Pero cos asasinatos do duque de Anjou e de Guillerme de Orange, líderes da Unión de Utretch, os terzos españois recuperaron Bruxelas, Gante e Anveres (1585).

No 1587 defende Flandres contra a invasión inglesa comandada polo duque de Leicester.

En 1590 entra en Francia para defende-los intereses da Liga Católica e derrota a Henrique IV na batalla de Ligny. Logo liberou vilas como Nimega e Rúan, e venceu a Henrique IV unha vez máis na batalla de Aumale. Falecería de febre tras recibir unha bala nunha das batallas en Francia.

Un terzo da Lexión Española leva na súa honra o seu nome.