Saltar ao contido

Alexander Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexandre Agricola»)
Modelo:BiografíaAlexander Agricola
Biografía
Nacemento(nl) Alexander Ackermann Editar o valor en Wikidata
c. 1446 Editar o valor en Wikidata
Gante, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte15 de agosto de 1506 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortePeste bubónica
peste Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1727877 Musicbrainz: f7b9f4df-bbf3-478b-b2a8-c1d0e72afe64 Songkick: 2076899 Discogs: 1650910 IMSLP: Category:Agricola,_Alexander Editar o valor en Wikidata
Partitura de Fortem virili, de Alexander Agricola

Alexander Agricola (nome latinizado, coñecido tamén polo seu nome orixinal neerlandés Alexander Ackerman), nado na cidade flamenga de Gante, nos Países Baixos Borgoñóns, en 1445 ou 1446[1] e finado en Valladolid, no reino de Castela, o 15 de agosto de 1506, foi un compositor da época do Renacemento pertencente á escola francoflamenga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes e primeira formación

[editar | editar a fonte]

A fonte dalgúns datos biográficos sobre Agricola é o texto duna composición musical impresa en 1538 por Georg Rhau titulada Epitaphion Alexandri Agricolae symphonistae regis Castiliae, na que se di do compositor que é un belga falecido en 1506 á idade de sesenta anos, durante unha viaxe a través de España ao servizo de Felipe o Fermoso. Hai outros dous epitafios, descubertos por Bonnie Blackburn: un deles especifica a data da súa morte e revela que era orixinario de gante. Nos documentos de arquivos e manuscritos musicais, o seu apelido figura case invariablemente na súa forma latinizada ("Agricola"), aínda que nun expediente de pagamento da corte borgoñoa de 1500 se identifica como "Alexander Ackerman".

Alexander Ackerman e o seu irmán Jan eran fillos de Lijsbette Naps, coñecida como Quansuijs, unha independente e adiñeirada muller de negocios que faleceu en 1499, e de Heinric Ackerman, un avogado que traballaba na casa dun rico cidadán de Gante e que debeu morrer pouco despois de 1474[2] Alexander decidiu latinizar o seu nome e ser chamado Agricola.

Case non se coñece nada sobre a formación musical de Alexander. É probable que fose cantante do coro na igrexa parroquial de San Nicolás en Gante, á que se sabe que a súa nai, Lijsbette, lle fixera unha importante doazón para a súa sección musical en 1467.

Dado o evidente recoñecemento que obtivo Agricola como instrumentista de corda (foi clarus vocum manuumque -"afamado pola voz e polas mans"-, segundo o Epitaphion, e escribiu diversas pezas instrumentais), é probable que formase parte, xa desde neno, da agrupación de músicos instrumentistas Bassa Capella, en Gante.

A súa presenza en Francia, Italia, os Países Baixos e España

[editar | editar a fonte]

O primeiro documento que fai referencia inequívoca á Alexander Agricola corresponde á catedral de Cambrai, en Francia, onde recibiu un pagamento de catro libras polos seus servizos como chantre entre 1475 e 1476.[3] E foi nesa época cando se realizou a copia máis antiga das que se conservan dunha das súas obras, Gaudent in celis, transmitida a través dun manuscrito datado arredor de 1476. Con todo, se se xulga sobre a base das fontes conservadas, a difusión internacional da música de Agricola non comezou ata a década de 1490. Tendo en conta a escaseza de fontes francesase dos Países Baixos entre os anos 1470 e 1480, parece que os seus primeiros traballos deberon ter difusión, principalmente, neses países.

Todo o que se sabe con certeza da vida do compositor con anterioridade a 1491 suxire que viviu e traballou entre os Países Baixos e Francia.

Tras a súa estadía en Cambrai, pérdese o rastro de Agricola durante un período de dez anos. Non aparece na listaxe da capela real de Francia do 28 de xullo de 1486, aínda que sabemos que estivo unido a esta institución durante o lustro seguinte, xa que consta que en 1491 deixou a corte de Francia para ir inicialmente a Mantua e despois a Florencia, onde o 1 de outubro do mesmo ano aparece citado nun documento da catedral cun soldo mensual de catro floríns, onde traballaba xunto co seu compañeiro Heinrich Isaac[4]. Nunha carta de Carlos VIII a Pedro II de Médici, datada probablemente no ano 1492, o rei de Francia pediu a volta inmediata de Alexander Agricola, "chantre de nostre chapelle"[5], así como a dun laudista que estaba na súa compaña.

O emprego de Agricola na catedral de Florencia acabou o 1 de xuño de 1492 e apenas dúas semanas máis tarde xa se atopaba na corte de Nápoles. Por unha carta de Fernando I de Nápoles datada o 13 de xuño e dirixida ao rei de Francia Carlos VIII, o primeiro confirma que Alexander estiver uns días na súa corte, que lle gustaba escoitalo cantar e que desexaría mantelo ao seu servizo. Agricola volveu a Francia, sen dúbida pasando por Florencia, o 28 de outubro dese mesmo 1492. Varios meses despois, en febreiro de 1493, o monarca napolitano ordenou ao seu embaixador na corte gala que dispuxese para Alexander un salario anual de 300 ducados, para o atraer á súa corte.[6]

Aída que o compostitor aceptou o ofrecemento de Fernando I, este viuse na obriga de, inicialmente, adiar o nomeamento por mor da rápida deterioración da situación política en marzo de 1493 e, finalmente, en setembro do mesmo ano, encomendarlle ao seu embaixador que lle suxerise a Agricola que non debía desprazarse. Cinco meses máis tarde, Agricola foi a Nápoles na compaña de Johannes Ghiselin, aínda que con motivacións diferentes. En senllas cartas datadas o 10 de febreiro e o 6 de marzo de 1494, testemúñase a presenza de Alexander Agrícola na corte napolitana, aínda que contratado Por Pedro II de Medici.[7]

Nada se sabe do destino de Agricola entre marzo de 1494 e o momento en que aceptou un emprego na corte borgoñoa, en agosto de 1500. Quizais a morte da súa nai, que tivo lugar en febreiro e 1499, o trouxese de volta a Gante, por mor dun pequeno imposto sobre a herdanza pagado por el e o seu irmán Jan, tal e como consta nos rexistros das contas da cidade. De calquera xeito, Agricola tivo a oportunidade de volver á súa cidade natal como cantante da corte.

Filipe I de Castela (o Fermoso) e a súa corte estaban en Gante o 30 de novembro de 1505, e as contas do ducado borgoñón reflicten o pagamento do seu salario nesa data, xunto cos pagos a compositores como Pierre de la Rue, Antonius Divitis e Marbrianus de Orto. Uns meses máis tarde, a corte castelá comezou a súa viaxe cara a Castela e chegou a Valladolid o 22 de xullo de 1506.

Pouco despois da súa chegada a Castela, Agricola colleu unha febre moi alta (febris fervens), que se pensa que foron a causa da súa morte, preto de Valladolid, o 15 de agosto de 1506. Os seus restos foron depositados nunha igrexa non identificada da cidade.

Alexander Agricola escribiu misas, motetes e cancións polifónicas (con letras en francés, neerlandés e italiano). Discípulo de Josquin des Prés, mantívose sempre fiel á tradición francoflamenga, e non se atopan nel influencias italianas. É particularmente salientable o seu estilo enérxico. Agrícola concibe a canción como un asunto que se presta a variacións brillantes e que lle permite destacar os sentimentos e sorprender o público coa ornamentación.[8]

En comparación con outros compositores da súa xeración, non semella que Agricola fose especialmente prolífico. A súa música caracterízase por unha sensibilidade excéntrica, case barroca, e foi descrita por un observador do século XVI como non hanitual, tola e estraña.

En moitos aspectos, a súa sintaxe xeral é semellante á doutros compositores nados por volta de mediados do século, en particular no uso da secuencia, do ostinato e do movemento das voces exteriores en décimas paralelas. Pero a súa orixinalidade encarna un paradoxo segundo o cal as cadencias frecuentes e os típicos motivos curtos se engloban adoito en concepcións formais e melódicas dunha amplitude salientable. Diso resulta unha imprevisibilidade que lembra a Ockeghem (de quen Agricola parece ter aprendido moito), aínda que expresada nunha linguaxe máis axitada e máis rica.

Algunhas obras de Alexander Agricola foron transcritas para o laúde polo alemán Hans Neusidler.

A seguinte listaxe de obras de Agricola está baseada na edición de Lerner:[9]

Misas e partes de misas
[editar | editar a fonte]
  • Missa In myne zin (a catro voces).
  • Missa Je ne demande (a catro voces).
  • Missa Le serviteur (a catro voces).
  • Missa Malheur me bat (a catro voces).
  • Missa Paschalis (a catro voces).
  • Missa primi toni (a catro voces).
  • Missa secundi toni (a tres voces).
  • Missa sine nomine (a catro voces).
  • Credo, Sanctus (a tres voces).
  • Credo (a catro voces).
  • Credo vilayge (a catro voces).
Himnos, lamentacións e magnificats
[editar | editar a fonte]
  • A solis ortus cardine (a catro voces).
  • Ave maria stella (a catro voces).
  • Lamentations (a tres voces).
  • Lamentations (a catro voces).
  • Magnificat primi toni (a catro voces).
  • Magnificat secundi toni (a catro voces).
  • Magnificat octavi toni (a catro voces).
Motetes relixiosos
[editar | editar a fonte]
  • Amice ad quid venisti (a tres voces).
  • Arce sedet Bacchus (a dúas voces). 
  • Ave domina sancta Maria (a catro voces).
  • Ave pulcherrima regina (a catro voces).
  • Ave que sublimaris (a tres voces).
  • Da pacem (a tres voces).
  • Ergo sancti martyres (a catro voces).
  • Nobis sancti spiritus (a catro voces).
  • O crux ave (a catro voces).
  • O quam glorifica (a catro voces).
  • O virens virginum (a catro voces).
  • Regina coeli (a catro voces).
  • Salve regina (I) (a catro voces).
  • Salve regina (II) (a catro voces)
  • Sancte Philippe appostole (a catro voces)
  • Si dedero (a tres voces).
  • Transit Anna timor (a catro voces).
  • Virgo sub etheris (a tres voces).
Cancións relixiosas
[editar | editar a fonte]
  • Belle sur toutes / Tota pulchra es (a tres voces).
  • L'heure est venue / Circumdederunt me (a tres voces).
  • Revenez tous regretz / Quis det ut veniat (a catro voces).
Cancións profanas neerlandesas
[editar | editar a fonte]
  • In minen zin (a tres voces).
  • Mijn alderliefste moeschkin (a tres voces).
  • O Venus bant (a tres voces).
  • Tandernaken (a tres voces).
Cancións profanas francesas
[editar | editar a fonte]
  • Adieu m’amour (a seis voces).
  • Adieu m'amour (a tres voces).
  • A la mignonne de Fortune (a tres voces).
  • Allez mon cueur (a tres voces).
  • Allez regretz (a tres voces).
  • Amours, amours (a tres voces).
  • Ay je rien fet (a tres voces).
  • C'est mal cherché (a tres voces).
  • C'est trop sur (a tres voces).
  • C'est ung bon bruit (a tres voces).
  • Comme femme (a catro voces).
  • Comme femme (a tres voces).
  • Comme femme (a dúas voces).
  • Crions nouel (a tres voces).
  • De tous biens plaine (a catro voces).
  • De tous biens plaine (a tres voces).
  • Dictes my toutes (a tres voces).
  • D'ung aultre amer (a catro voces).
  • D'ung aultre amer (a tres voces).
  • En actendant (a tres voces).
  • En dispitant (a tres voces).
  • En m'en venant (a tres voces).
  • Et qui la dira (a tres voces).
  • Fors seullement (a catro voces).
  • Fortuna desperata (a seis voces).
  • Gentil galans (a tres voces).
  • Guarde vostre visage (a tres voces).
  • Ha qu'il m'ennuye (a tres voces).
  • Helas madame, que feraige (a tres voces).
  • Il me fauldra maudire (a tres voces).
  • Il n'est vivant (a tres voces).
  • J'ars du desir (a tres voces).
  • J'ay beau huer (a tres voces).
  • Je n'ay dueil (a catro voces).
  • Je ne puis plus (a tres voces).
  • Je ne suis point (a tres voces).
  • La saison en est (a tres voces).
  • Les grans regretz (a tres voces).
  • L'homme banni (a tres voces).
  • Mauldicte soit (a tres voces).
  • Nostres assovemen (a tres voces).
  • Oublier veul (a tres voces).
  • Par ung jour de matinee (a tres voces).
  • Par voz plaisirs (a tres voces).
  • Princesse de tout beaulté (a tres voces).
  • Pourquoy tant / Pour quelque paine (a tres voces).
  • Royne des flours (a tres voces).
  • Que vous mademe / In pace in idipsum (a tres voces).
  • Se je fais bien (a tres voces).
  • Se je vous eslonge (a tres voces).
  • Se mieulx ne vient d'amours (a tres voces).
  • Serviteur soye (a tres voces).
  • Sei congé prens (a tres voces).
  • S'il vous voullez (a tres voces).
  • Si vous voullez (a tres voces).
  • Soit loing (a tres voces).
  • Sonnés muses melodieusement (a tres voces).
  • Tout a par moy (a catro voces).
  • Tout a par moy (a tres voces).
  • Va t'en, regret (a tres voces).
  • Vostre bouche dist (a tres voces).
  • Vostre hault bruit (a tres voces).
Obras italianas
[editar | editar a fonte]
  • Amor che sospirar (a tres voces).
  • Donne, noi siam dell'olio facitori (a tres voces).
Obras latinas
[editar | editar a fonte]
  • Cecus non judicat de coloribus (a tres voces).
  • Pater meus agricola est (a tres voces).
  • Gaudeamus omnes (a dúas voces).
  • Jam fulsit (a catro voces).
Obra sen título
[editar | editar a fonte]
  • [Dúo]  (a dúas voces).
  1. Wegman, Rob C. "Agricola, Bordon and Obrecht at Ghent". En Revue belge de musicologie, LI, 1997. Páxinas 23-62. Citado pr Paul Van Nevel nas notas do CD Un labyrinthe secret, Sony, 1999.
  2. Wegman, Rob C. (2006-08-01). "Pater meus agricola est: the early years of Alexander Agricola". Early Music (en inglés) 34 (3): 375–390. ISSN 0306-1078. doi:10.1093/em/cal064. 
  3. Elders, Willem. Composers of the Low Countries. Oxford. Clarendon Press. 1991. Páxina 137. [ISBN 978-0-19-816-147-9]
  4. É probable, por outra banda, que Isaac sexa o compositor do Epitaphion mencionado, xa que el escribiu Nil prosunt lacrimae, que constitúe case con seguridade a súa terceira parte (tertia pars).
  5. Pajares Alonso, Roberto. Historia de la música en 6 bloques. Madrd, Ed. Visión Libros. 1991. Páxina 114. [ISBN 978-84-9983-909-7]
  6. Aínda tento en conta as diversas paridades do ducado en función do seu lugar de emisión, o salario disposto para Agricola superaría claramente o demandado par Josquin des Prés en Ferrara en 1502.
  7. Ao mesmo tempo, as capelas de Florencia disolvéronse logo da predicación de Savonarola; semella que Agricola e Ghiselin obtiveron licenza para saír de Florencia, sen ser despedidos formalmente.
  8. Vignal, Marc. Larousse de la musique. París. Larousse 1982.
  9. A edición de referencia para a listaxe das obras é: "Alexander Agricola: Opera omnia". En Lerner, Edward R. (ed). Corpus mensurabilis musicae, XXII / 1-5, 1961-1970, [ L ].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Atlas, Allan W. "Alexander Agricola and Ferrante I of Naples". En Journal of the American Musicological Society, XXX, 1977. Páxinas 313-319.
  • Atlas, Allan W.; Cummings, Anthony M. "Agricola, Ghiselin, and Alfonso II of Naples". En Journal of Musicology, VII, 1989. Páxinas 540-548.
  • Fitch, Fabrice. "Agricola versus Alamire: the Lie of the Sources". En The Burgundian Habsburg Court Complex of Music Manuscripts (1500-1535) and the Workshop by Petrus Alamire: colloquium proceedings: 25-28 November 1999 [actas do coloquio]. Louvain-Neerpelt, Alamire. 1999. Páxinas 299-308.
  • Lerner, Edward Robert. The Sacred Music of Alexander Agricola [dissertación]. New Haven. Universidade Yale, 1958.
  • Lerner, Edward Robert. "The “German” Works of Alexander Agricola". En The Musical Quarterly, XLVI, 1960. Páxinas 56-66.
  • Wegman, Rob C. "Agricola, Bordon and Obrecht at Ghent". En Revue belge de musicologie, LI, 1997. Páxinas 23-62.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]