Saltar ao contido

Alexander Teixeira de Mattos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Teixeira de Mattos
Biografía
Nacemento9 de abril de 1865 Editar o valor en Wikidata
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1921 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
St Ives (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , xornalista , escritor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSophie Lees (1900–)
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: f31f774f-03c6-429f-b254-9b0382bcfafb WikiTree: Mendes-76 Editar o valor en Wikidata


Alexander Teixeira de Mattos, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 9 de abril de 1865 e finado en St. Ives, Cornualla, o 5 de decembro de 1921, foi un xornalista e tradutor holandés que se fixo coñecido no mundo angloparlante como tradutor de obras literarias do francés e do neerlandés. As súas traducións eran de boa calidade e aínda están sendo reimpresas.

Vida e traballo

[editar | editar a fonte]

A súa xenealoxía remóntase a xudeus portugueses que fuxiron do Santo Oficio.[1] A súa familia xudeu-holandesa emigrou a Gran Bretaña en 1874.

Teixeira traduciu, entre outros a Émile Zola, Maurice Maeterlinck, Alexis de Tocqueville, Gaston Leroux e Louis Couperus.

Criouse en Inglaterra a partir de 1874 e casou en 1900 con Lily Wilde, viúva de Willie Wilde, irmán de Oscar Wilde; polo seu matrimonio converteuse no padrasto de Dolly Wilde, coñecida pola súa relación con Natalie Clifford Barney (1876-1972). Durante a Primeira guerra mundial, dirixiu un Departamento de Intelixencia Comercial de Guerra.

Foi naturalizado como cidadán holandés o 8 de decembro de 1908.

  1. "Alexander Teixeira de Mattos". geni_family_tree (en inglés). 1865-04-09. Consultado o 2023-06-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Stephen McKenna, Tex. A chapter in the life of Alexander Teixeira de Mattos. Londres, 1922
  • R. Breugelmans, Louis Couperus in dem vreemde. Leiden, 2008 ² [contén dez cartas de Teixeira de Mattos a Louis Couperus]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]