Aleksandr Kazantsev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexander Kazantsev")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aleksandr Kazantsev
Nacemento2 de setembro de 1906
 Nur-Sultan
Falecemento13 de setembro de 2002
 Peredelkino
SoterradoCemitério Vvedenskoye
NacionalidadeImperio Ruso, Unión Soviética e Rusia
EtniaPobo ruso
Alma máterTomsk Polytechnic University
Ocupaciónproblemista, ufólogo, escritor, guionista e escritor de ciencia ficción
PremiosOrde da Insignia de Honra, Order of the Patriotic War 2nd class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos e Orde da Estrela Vermella
editar datos en Wikidata ]

Alexander Petrovitch Kazantsev (en ruso: Алекса́ндр Петро́вич Каза́нцев), nado o 2 de setembro de 1906 e finado o 13 de setembro de 2002, foi un escritor soviético de ciencia ficción, ufólogo e compositor de xadrez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como escritor foi un visionario, ó igual que Isaac Asimov e Jules Verne. Preveu a existencia de varias decubertas científicas (moitas veces inspirando os científicos). Na súa obra A ponte ártica (Северный мост), de 1941, Kazantsev describe un túnel que ligaba dous continentes, semellante ó Eurotúnel. En A illa en chamas (Пылающий остров), preveu o uso da supercondutividade.

A súa obra máis famosa é A destrución de Faena (Фаэты), na que fala sobre as consecuencias que unha eventual guerra nuclear tería sobre o ser humano. Kazantsev tamén escribiu o guión do filme Planeta Bur, filmado na Unión Soviética en 1962.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]