Aleksander Kwaśniewski
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de novembro de 1954 Białogard, Polonia (pt) |
| 3º Presidente de Polonia | |
| 23 de decembro de 1995 – 23 de decembro de 2005 ← Lech Wałęsa – Lech Kaczyński → | |
Representa: Alianza da Esquerda Democrática 25 de novembro de 1991 – 31 de maio de 1993 Lexislatura: 1º Sejm polonês (pt) Circunscrición electoral: Okręg wyborczy nr 1 do Sejmu Rzeczypospolitej Polskiej (1991-1993) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade de Gdańsk (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Varsovia |
| Ocupación | político, xornalista |
| Empregador | Universidade de Georgetown |
| Partido político | Partido Obreiro Unificado Polaco Alianza da Esquerda Democrática |
| Membro de | |
| Participou en | |
| 21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jolanta Kwaśniewska (1979–) |
| Fillos | Aleksandra Kwaśniewska |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | kwasniewskialeksander.eu |
Aleksander Kwaśniewski, nado o 15 de novembro de 1954 en Białogard, foi o presidente de Polonia dende o 23 de decembro de 1995 ata o ano 2005 pertencendo á Alianza da Esquerda Democrática.
Foi activista do Sindicato Socialista de Estudantes Polacos, en polaco, Socjalistyczny Związek Studentów Polskich, SZSP, organización ligada ao réxime comunista, e logo ministro de deportes no goberno comunista na década dos 80.
Sucedeu a Lech Wałęsa como presidente tras gañar as eleccións en 1995 e foi reescolleito para un segundo e último mandato no 2000 (obtendo a maioría dos votos xa na primeira volta).
Tamén foi antigo dirixente e un dos fundadores do Partido Socialdemócrata da República de Polonia (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej), sucesor do Sindicato de Traballadores Polacos, e posteriormente da Alianza da Esquerda Democrática (Sojusz Lewicy Demokratycznej).
Tras a formación da coalición política Esquerda e Demócratas foi elixido como o seu presidente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aleksander Kwaśniewski |
- Biografía por Fundación CIDOB Arquivado 07 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
| Predecesor: Lech Wałęsa |
23 de decembro de 1995 – 23 de decembro de 2005 |
Sucesor: Lech Kaczyński |
