Servando Albuerne Menéndez-Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Servando Albuerne Menéndez-Conde
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoAsturias
Falecemento1937
Lugar de falecementoTui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Servando Albuerne Menéndez-Conde, nado en Asturias e finado en Tui en 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño do bispo de Tui Valeriano Menéndez-Conde Álvarez. Avogado e notario maior eclesiástico de Tui. Concelleiro de Tui, foi proclamado concelleiro polo artigo 29 en novembro de 1913,[1] e nomeado alcalde Tui por Real Orde en decembro de 1913.[2] Foi proclamado concelleiro de Tui polo artigo 29 en novembro de 1915.[3] Volveu ser nomeado alcalde de Tui en 1916.[4] Permaneceu no cargo ate 1918. Foi nomeado concelleiro e tenente alcalde de Tui en 1930.[5] Despois foi xuíz municipal de Tui.[6] Finou en Tui a finais de 1937.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou Tui con Pilar Castro García en 1901,[8] e foi pai de Luz e Pilar Albuerne Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticiero de Vigo, 5-11-1913, p. 1.
  2. El Diario de Pontevedra", 30-12-1913, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 9-11-1915, p. 2.
  4. El Diario de Pontevedra, 1-1-1916, p. 2.
  5. El Progreso, 11-4-1930, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 19-6-1930, p. 8.
  7. Vida Gallega, 15-1-1938, p. 26.
  8. El Diario de Pontevedra, 31-5-1901, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4. 


Predecesor:
Sabino Jurado
 
Alcalde de Tui
 
1914 - 1918
Sucesor:
Alejo Diz Jurado