La Tetera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Tetera
editar datos en Wikidata ]

La Tetera foi un semanario editado en Tui entre 1913 e 1914.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario satírico que apareceu o 12 de outubro de 1913, fundado por Alejo Diz Jurado, que tamén foi redactor asinando co pseudónimo Criticón B. O seu primeiro director foi Jenaro Carrera ao que sucedeu Emilio Sías. Editado polos sectores anti-ordoñistas locais, foi continuador de La Opinión. Entre os seus colaboradores figuraron os irmáns Luis, Heriberto e Mariano Gerpe sobre temas locais de Tomiño. Publicáronse 31 números, o último apareceu o 6 de decembro de 1914.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]