Saltar ao contido

Aleix Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAleix Garrido
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Ripoll, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250164776 Editar o valor em Wikidata

Aleix Garrido Cañizares, nado en Ripoll o 22 de febreiro de 2004, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na canteira do FC Barcelona en 2012, con 8 anos, e foi subindo por todas as categorías inferiores do club.[1][2] O 9 de xaneiro de 2022 debutou co filial na Primeira División RFEF, nun partido ante o Betis Deportivo, e marcou o único gol do seu equipo, que perdeu o encontro por 1-2.[3] Durante esa campaña e a seguinte continuou compaxinando o Barcelona Atlètic co xuvenil, co que gañou unha Copa de Campións.

O 1 de marzo de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria co primeiro equipo do Barcelona, para un partido da Primeira División contra o Elche no Martínez Valero. Nos minutos finais de encontro, co marcador reflectindo unha vitoria barcelonista por 0-4, Xavi deulle entrada ao terreo de xogo como substituto de Ansu Fati.[1][4] Estivo no banco tamén nas seguintes tres xornadas do campionato de liga, competición que acabou conquistando o Barcelona.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi seis veces internacional coa selección española sub-19.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Barcelona
  1. 1,0 1,1 "Aleix Garrido makes FC Barcelona debut" (en inglés). 1 de abril de 2023. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  2. Torelló, Roger (2 de abril de 2023). "Aleix Garrido, tras su debut: "Es el día más feliz de mi vida"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  3. "FC Barcelona B 1-2 Betis Deportivo: 2022 opens with a defeat" (en inglés). 9 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  4. Jiménez, Juan (1 de abril de 2023). "Aleix Garrido, leading the next generation at Barcelona". As (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  5. "FC Barcelona, Liga champions 2022/23!". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]