Alberto Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Míguez
Nacemento25 de outubro de 1940
 A Coruña
Falecemento25 de novembro de 2009 e 26 de setembro de 2009
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritor
Coñecido/a porGalicia: éxodo y desarrolo
editar datos en Wikidata ]

Alberto Míguez, nado na Coruña o 25 de outubro de 1940 e finado en Madrid o 26 de setembro de 2009[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Enrique Míguez Tapia catedrático e director do Instituto Masculino da Coruña. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Central, e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo. En 1963 comezou a dirixir o primeiro suplemento cultural de La Voz de Galicia, o Artes y Letras, no que facía recensións de cine, literatura e pintura.

En 1966 publicou o libro El pensamiento político de Castelao, editado en París por Ruedo Ibérico. O volume, unha antoloxía de textos de Castelao, levouno ante o Tribunal de Orde Pública. Foi defendido por Valentín Paz Andrade, e condenado a seis meses de prisión e unha multa.[2]

Seguiu a súa carreira profesional no diario Madrid, pechado en 1971 por Manuel Fraga. Comezou a traballar entón en La Vanguardia como correspondente en Marrocos e despois en Lisboa, onde cubriu a Revolución dos Caraveis. En 1976 participou na creación do xornal El País como redactor xefe da sección internacional, e despois regresou a La Vanguardia como correspondente diplomático. Entre 1982 e 1996 foi decano dos correspondentes diplomáticos de España. En 1986 o seu chalé de Zumaia (Guipúscoa) foi asaltado por membros de ETA.

Morreu por mor dunha doenza hepática. Estivo casado coa francesa Lilliane Dublanc, con quen tivo un fillo.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un periodista 'en peligro de extinción'", obituario en El Mundo, 1 de outubro de 2009 (en castelán).
  2. "Un periodista internacional", artigo de Carlos Fernández en La Voz de Galicia, 15 de setembro de 2005 (en castelán).