Alberto Campillo García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Alberto Campillo
Información persoal
Nome completoAlberto Campillo García
Nacemento13 de marzo de 1988 (30 anos)
LugarVigo, Galicia
Altura1,75 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualOurense
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2004–2010Celta B76(0)
2010–2011Rápido de Bouzas
2011–2014Ourense82(3)
2014–2016Pontevedra CF65(6)
2016-Coruxo FC
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Alberto Campillo García, nado en Vigo o 13 de marzo de 1988, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu club actual é o Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Colexio Hogar, de Vigo, pero pronto entrou nas categorías inferiores do Celta de Vigo baixo as ordes de Javier Maté. Nestes anos foi internacional coa Selección de fútbol de España sub-16 e sub-17.

Na tempada 2004–05 debutou co Celta de Vigo B en Segunda División B, ante o Real Madrid Castilla con só 16 anos.

Co primeiro equipo acabado de descender a Segunda División na pretempada do curso 2007–08 foi convocado polo adestrador, Hristo Stoichkov, para xogar un amigábel o 12 de agosto de 2007, con 19 anos de idade.

Co Celta de Vigo tería outras dúas oportunidades en amigábeis, primiero ese mesmo 2007 ante o Porriño Industrial e en 2010 ante o Cultural Areas baixo a dirección de Eusebio Sacristán.

Ese mesmo ano 2010 deixou de pertencer ao Celta de Vigo e fichou polo Rápido de Bouzas. Pouco despois fichou polo CD Ourense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía do xogador en fameceleste.blogspot.com.es