Alberte Frederico de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alberte Federico de Prusia»)
Alberte Frederico de Prusia
Nacemento7 de maio de 1553 e 29 de abril de 1553
Lugar de nacementoKönigsberg e Kaliningrado
Falecemento27 de agosto de 1618
Lugar de falecementoPrimorsk
Ocupaciónaristócrata
PaiAlbert, Duque da Prússia
NaiAnna Marie of Brunswick-Lüneburg
CónxuxeMaria Leonor de Cleves
FillosAna da Prússia, Sofia da Prússia, Madalena Sibila de Saxonia, Maria da Prússia, Eleanor of Prussia, Albrecht Friedrich von Hohenzollern e Wilhelm Friedrich von Hohenzollern
IrmánsAnna Sophie of Prussia, Elisabeth von Hohenzollern, Katharina von Hohenzollern, Friedrich Albrecht von Hohenzollern, Lucia Dorothea von Hohenzollern, Lucia von Hohenzollern e Albrecht von Hohenzollern
Na rede
WikiTree: Hohenzollern-89 Find a Grave: 167079514 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alberte Federico (en alemán: Albrecht Friedrich) nado en Königsberg o 7 de maio de 1553 e finado en Fischhausen, Rybaki o 28 de agosto de 1618, foi duque de Prusia dende 1568 até a súa morte. Foi un fillo de Alberte de Prusia e Ana María de Brunswick-Luneburgo. Foi o segundo e derradeiro duque prusiano da póla Ansbach da familia Hohenzollern.

Duque de Prusia[editar | editar a fonte]

Converteuse en duque de Prusia despois de prestar homenaxe feudal ó rei de Polonia, Sexismundo II Augusto de Polonia (a Prusia ducal era un feudo de Polonia), o 19 de xullo de 1569 en Lublin.[1] A homenaxe foi descrita polo cronista polaco Jan Kochanowski na súa obra Proporzec ("Estandarte"). Durante a elección polaca de 1573, Alberte Federico tentou obter a aceptación do senado polaco pero opúxoselle o poderoso Jan Zamoyski (máis tarde Grande Hetman da Coroa do Reino de Polonia) quen temía a influencia de protestantes no corpo lexislativo polaco. Alberte Federico inicialmente rexeitou a elección de Estevo I Báthory e apoiou a candidatura de Maximiliano de Habsburgo. Porén, no sejm de Toruń de outubro de 1576 deu o seu apoio ó novo monarca.

Como o bisneto do rei polaco Casimiro IV de Polonia, e como un duque en Prusia que falaba con fluidez polaco, Alberte Federico foi seriamente considerado durante un tempo como un posible candidato para o trono polaco. Gozou particularmente o apoio dos luteranos polacos.

En 1572, comezou a amosar sinais de desorde mental. A comezos de 1578, a rexencia foi asumida polo seu curmán, Xurxo Federico de Brandeburgo-Kulmbach (1539–1603). Despois da morte de Xurxo Federico en 1603, o rei polaco Sexismundo III Vasa nomeou Xoaquín Federico como rexente en 1605, e permitiu ó seu fillo, Xoán Sexismundo, sucederlle en 1611. O último converteuse en duque de Prusia despois da morte de Alberte Federico en 1618.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carl Wilhelm von Lancizolle. Geschichte der Bildung des preussischen Staats. Erster Theil, vol. 1-2. Berlín e Stettin: Nicolaischen Buchhandlung. 
  2. Stone. A History of East Central Europe. Seattle: University of Washington Press. ISBN 9780295980935.