Madalena Sibila de Prusia
Madalena Sibila de Prusia | |
---|---|
![]() Madalena Sibila de Prusia co seu fillo Cristián, máis tarde duque de Saxonia-Merseburgo. | |
Nacemento | 31 de decembro de 1586 e 1587 |
Lugar de nacemento | Königsberg |
Falecemento | 12 de febreiro de 1659 |
Lugar de falecemento | Dresden |
Soterrada | Freiberg Cathedral |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | aristócrata e Electress |
Pai | Alberte Frederico de Prusia |
Nai | Maria Leonor de Cleves |
Cónxuxe | Xoán Xurxo I de Saxonia |
Fillos | Sofía Leonor de Saxonia, María Sabela de Saxonia, Xoán Xurxo II de Saxonia, Augusto de Saxonia-Weissenfels, Cristián I de Saxonia-Merseburgo, Madalena Sibila de Saxonia, Mauricio de Saxonia-Zeitz, Christian Albert von Sachsen e Heinrich von Sachsen |
Irmáns | Maria da Prússia, Ana da Prússia, Eleanor of Prussia e Sofia da Prússia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Madalena Sibilla de Hohenzollern, nada en Königsberg o 31 de decembro de 1586 e finada en Dresden o 12 de febreiro de 1659, foi unha nobre alemá integrante da Casa de Hohenzollern e a través do seu matrimonio princesa-electora de Saxonia.
Foi a última filla do duque Alberte Frederico de Prusia e da princesa María Leonor de Cléveris, filla do duque de Cléveris, Jülich e Berg, Guillerme V o Rico e da arquiduquesa austríaca María de Habsburgo-Jagellón.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 19 de xullo de 1607 en Torgau casou co Elector Xoán Xurxo I de Saxonia. Ela coidou ó seu marido que estaba moi enfermo, e durante a guerra dos Trinta Anos, despois do enfrontamento entre Gustavo II Adolfo de Suecia e o seu primo segundo, o emperador Fernando II de Habsburgo, mediou entre os dous belixerantes (Paz de Praga de 1635). Ademais, utilizou a prisioneiros de guerra suecos nos traballos da fortaleza de Dresde e tivo amizade coa raíña rexente sueca, a súa sobriña María Leonor (viúva de Gustavo Adolfo e nai da raíña nena Cristina de Suecia). Madalena Sibila promoveu a pintura e a poesía. O 8 de outubro de 1656, enviuvou. Viviu dende entón no Dresdner Frau Kurfürstin-Haus e morreu en Dresde en 1659.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madalena Sibila de Prusia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Franz Otto Stichart: Galerie der sächsischen Fürstinnen; biogr. Skizzen sämtlicher Ahnfrauen des kgl. Hauses Sachsen. Leipzig 1857
- Heinrich Theodor Flathe: Magdalena Sibylla. In: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 20, Duncker & Humblot, Leipzig 1884, p. 49.