Saltar ao contido

Airbag (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Airbag
 Título
Airbag Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1997 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración124 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0002-8C36-0000-W-0000-0000-F Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b711wt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0115487 Filmaffinity: 843800 Allocine: 18512 Allmovie: v156964 TCM: 525896 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Airbag é unha película española do ano 1997 dirixida por Juanma Bajo Ulloa. Entre os seus protagonistas está o actor galego Manuel Manquiña, que recibiu varios recoñecementos polo seu traballo neste filme, entre eles o Premio Goya ó mellor actor revelación.

O punto de partida é o dunha despedida de solteiros, unha borracheira estúpida, unha visita a un club de alterne, un ferrete atravesado, un anel que se esquece nun escuro lugar e a necesidade de recuperalo. Todo isto pon en marcha un desfile de mafiosos e narcotraficantes, de chulos e pistoleiros, de tramas internacionais e duns "nenos ben" que vivirán a aventura das súas vidas.

Comentarios

[editar | editar a fonte]

É "unha película golfa, vándala e un pouco lercho", e ten razón. Xurdida da imaxinación de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo, filla do delirio e o exceso, definida como unha fábula moral chea de inmoralidades, "Airbag" leva consigo o xerme da controversia e da provocación. Basicamente estruturada como unha road movie, a súa historia crece como unha espiral de tolemia e sorpresas.

Palmarés cinematográfico

[editar | editar a fonte]
  • 2 Goya na 12ª edición á mellor montaxe e efectos especiais; nomeamento ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña).
  • Nomeada ós Premios 1997 do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) á mellor montaxe e Gimeno-Revelación (Manuel Manquiña).
  • Nomeamento ó Premio da Unión de Actores ó mellor actor revelación (Manuel Manquiña)