Alan G. Poindexter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan G. Poindexter
Datos persoais
Nacemento5 de novembro de 1961
LugarPasadena
Falecemento1 de xullo de 2012
Actividade
MisiónsSTS-122 e STS-131
Tempo no espazo27,88 días
PremiosCruz de Voo Distinguido e Lexionario da Lexión do Mérito
editar datos en Wikidata ]

Alan Goodwin "Dex" Poindexter, nado en Pasadena, California, o 5 de novembro de 1961 e finado o 1 de xullo de 2012, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-122 e STS-131.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Poindexter graduouse en enxeñaría aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía de Georgia en 1986 e era máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1995.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-122 e STS-131 e pasando un total de 27,88 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Poindexter, Alan Goodwin 'Dex'" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA (ed.). "Alan Poindexter" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]