Saltar ao contido

STS-122

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-122
Lanzamento da misión STS-122
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de febreiro de 2008, 19:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,77 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso20 de febreiro de 2008[6]
NSSDC ID2008-005A

STS-122 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de febreiro de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-122, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steve Frick, o piloto Alan Poindexter e os especialistas de misión Stanley Love, Daniel Tani, Leland Melvin, Rex Walheim e Hans Schlegel.[3][5][6][7]

O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 17:17 GMT do 9 de febreiro, levando a bordo o módulo laboratorio Columbus e a plataforma MPESS-ND. O Columbus quedou acoplado ao nodo Harmony, para o cal se precisaron tres paseos espaciais.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de febreiro de 2008.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 122" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 17 June 2008 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-50722(E)). 4 de febreiro de 2010: 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 122" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-122 / ISS 1E" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.[Ligazón morta]
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-122" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (24 de abril de 2008). "STS-122" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]