Saltar ao contido

STS-131

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-131
Lanzamento da misión STS-131
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de abril de 2010, 10:21 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,12 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso20 de abril de 2010[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2010-012A

STS-131 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 5 de abril de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-131, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Alan Poindexter, o piloto James P. Dutton e os especialistas de misión Dorothy Metcalf-Lindenburger, Rick Mastracchio, Naoko Yamazaki, Clayton Anderson e Stephanie Wilson.[3][5][6][7]

O Discovery levou 7700 kg de subministracións, material e equipamento no módulo loxístico multipropósito (MPLM) Leonardo. A tripulación fixo tres paseos espaciais durante os que substituíron un tanque de amoníaco para refrixeración, recolleron un experimento xaponés no exterior da estación e apagaron un xiroscopio.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de abril de 2010.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 131" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 25 August 2010 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-57263(E)). 21 de outubro de 2010: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 131" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-131 / ISS 19A" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-131" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (27 de abril de 2010). "STS-131" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]