Saltar ao contido

Alakrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alakrana
 Instancia de
 Uso
Datas
 Entrada en servizo
2006 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
23 de xullo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de creación
 País
 País de rexistro
 Porto de rexistro
Cifras e dimensións
 Anchura
   15,4 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   104,3 m Editar o valor en Wikidata
 Tonelaxe bruto
   3.716 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Alakrana é un buque de pesca atuneiro conxelador español,[1] propiedade da empresa Echebastar fleet S.L., que ten o seu porto de rexistro en Bermeo (Biscaia) e que foi construído polos Astilleros de Murueta S.A., de Murueta.

Historial

[editar | editar a fonte]

Primeiro intento de secuestro

[editar | editar a fonte]

O 3 de setembro de 2009, conseguiu eludir un intento de secuestro cando navegaba a 495 millas de Somalia.[2]

Secuestro

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Secuestro do Alakrana.

O Alakrana foi secuestrado por piratas o 3 de outubro de 2009,[3] ben a 413 millas das costas do sur de Somalia (segundo algunhas fontes), ben a 120 millas náuticas (por tanto dentro da ZEE de Somalia) segundo sentenza da Audiencia Nacional;[4] en calquera caso o buque faenaba lonxe da zona protexida pola Operación Atalanta,[5][6] dentro da zona de seguridade en augas internacionais segundo algunhas fontes,[7] e, en augas somalís segundo outras.[4] No seu auxilio acudiu a fragata Canarias, que levantou áncora o 10 de agosto de Rota (Cádiz) para incorporarse á Operación Atalanta, canda outras forzas españolas.[3]

O 17 de novembro de 2009, tras 47 días de secuestro, o Alakrana foi liberado previo pago dun rescate duns 4 millóns de dólares.[8]

Durante a liberación, os helicópteros das fragatas Canarias e Méndez Núñez intentaron sen éxito capturar os últimos piratas que abandonaron o buque, chegando incluso a disparar contra eles. Así mesmo, e do mesmo xeito que ocorreu co Playa de Bakio, tivo de evitarse que fose recapturado por outros piratas doutro clan.[9]

Tras a liberación, o Alakrana dirixiuse ás Illas Seychelles escoltado polas dúas fragatas,[9] arribando a Port Victoria o 20 de novembro de 2009.

A consecuencia do secuestro, a lei española foi modificada o 2 de novembro de 2009[10] para permitir aos vixilantes de seguridade empregar armamento de até 12,70 mm nos buques con bandeira española, sempre que este sexa adquirido a fabricantes ou distribuidores asentados en España. En cambio, nas embarcacións doutras bandeiras si que está permitida a presenza a bordo de militares e a tenencia de armamento superior ao regrado para barcos españois.[11][12][13]

  1. Rexistro de buques (en inglés)
  2. "El "Alakrana" elude un ataque pirata" europapress.es Consultado o 30 de xullo de 2014.
  3. 1 2 "Trece piratas con lanzagranadas y fusiles controlan el buque 'Alakrana'" El País. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  4. 1 2 Sentencia nº 10/2011 de la Sección Cuarta, Sala de lo Penal de la Audiencia Nacionalp.8, arquivado do orixinal o 2 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018
  5. "Defensa dice que el barco secuestrado faenaba 'lejos' de la zona protegida" El Mundo. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  6. Ministerio de Defensa. "Misiones en curso. Operaciones con unidades.". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2009. Consultado o 9 de novembro de 2009. ATALANTA - Aguas de Somalia
  7. ""El Alakrana estaba dentro del área de seguridad; está claro que la operación "Atalanta" hace agua"". Noticias de Gipuzkoa. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010.
  8. Diario de Navarra Arquivado 11 de decembro de 2011 en Wayback Machine. "Zapatero anuncia el fin del secuestro del 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
  9. 1 2 El Mundo "Así fue liberado el 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
  10. BOE do 2 de novembro do 2009: Arquivado 22 de novembro de 2009 en Wayback Machine. Orden PRE/2914/2009, de 30 de octubre, que desarrolla lo dispuesto en el Real Decreto 1628/2009, de 30 de octubre, por el que se modifican determinados preceptos del Reglamento de Seguridad Privada, aprobado por Real Decreto 2364/1994, de 9 de diciembre, y del Reglamento de Armas, aprobado por Real Decreto 137/1993, de 29 de enero
  11. El Correo (ed.). "Ocho atuneros embarcarán ex militares de élite desde el viernes para protegerse". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  12. El Correo (ed.). "Las gestiones para liberar al 'Alakrana' se aceleran al cumplirse una semana de secuestro". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  13. Público (ed.). "Un atunero vasco repele un nuevo ataque pirata en el Índico". Consultado o 30 de xullo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]