Al Franken
Al Franken | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alan Stuart Franken |
Nacemento | 21 de maio de 1951 |
Lugar | Manhattan |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | xudaísmo |
Educado en | Harvard College, Blake School e St. Louis Park High School |
Profesión | guionista, actor, político, locutor de radio, actor de televisión, escritor, xornalista, actor de cinema, humorista e produtor de televisión |
Na rede | |
http://www.alfranken.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alan Stuart "Al" Franken, nado o 21 de maio de 1951 en Nova York, é un humorista, actor, produtor, presentador de televisión e radio e político estadounidense. Membro do Minnesota Democratic-Farmer-Labor Party, partido afiliado ao Demócrata, é senador por Minnesota.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Franken fíxose coñecido como guionista e presentador do programa satírico de televisión Saturday Night Live desde o seu comezo en 1975. Tamén actuou e escribiu guións para filmes e series de televisión. Foi comentarista político, autor de cinco libros e presentador do seu propio programa de radio The Al Franken Show na cadea Air America Radio. En 2008, Franken derrotou ao candidato republicano e senador Norm Coleman, por 312 votos de diferenza, Coleman recorreu aos tribunais,[1] pero o Tribunal Supremo de Minnesota recoñeceu por unanimadade a vitoria de Franken o 30 de xuño de 2009.[2] e Franken accedeu ao Senado o 7 de xullo de 2009.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kevin Duchschere e Bob von Sternberg (22/4/2009). "Coleman asks state Supreme Court to take it slow". Star Tribune. Consultado o 6/12/2010.
- ↑ "Coleman concedes Minnesota Senate race after court decision". CNN. 2009-06-30.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Franken |
- Actores de Nova York
- Humoristas dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Produtores de televisión
- Presentadores de televisión
- Personalidades da radio dos Estados Unidos de América
- Senadores dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Nados en Nova York
- Nados en 1951