Saltar ao contido

Akira Yoshizawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAkira Yoshizawa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1911 Editar o valor en Wikidata
Kaminokawa, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrigami Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Toquio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónartista Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: 吉澤-1
Figura realizada coa técnica de pregado húmido inventada por Yoshizawa.

Akira Yoshizawa (吉澤 章 Yoshizawa Akira?), nado en Tochigi, o 14 de marzo de 1911, finado o 14 de marzo de 2005 en Toquio. Foi un notábel mestre do origami xaponés. Recoñéceselle ter elevado o origami dende a artesanía ou o pasatempo á condición artística, sendo polo tanto un dos "pais do origami".[1] De acordo a unha estimación propia de 1989, creara máis de 50 000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros. Segundo a tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca empregou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.

Ó longo da súa carreira, Yoshizawa levou a cabo labores de embaixador cultural internacional do Xapón. En 1983, o emperador xaponés Hirohito outorgoulle a Orde do Sol Nacente, unha das maiores honras que pode recibir un cidadán xaponés.

O 14 de marzo de 2012, Akira Yoshizawa foi homenaxeado por Google cun doodle conmemorativo do 101º aniversario do seu nacemento.[2]

  1. Akira Yoshizawa Origami Biography Arquivado 03 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en inglés) Consultado o 14/3/2012.
  2. "Akira Yoshizawa celebrated by Google doodle".