Aitor Díaz Chan
Aitor Díaz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Aitor Díaz Chans | ||
Nacemento | 16 de abril de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Marín | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Alondras CF | ||
Carreira xuvenil | |||
Porvir CF | |||
Pontevedra CF | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005-2006 | Portonovo SD | ||
2006-2007 | Pontevedra CF B | ||
2007-2008 | Pontevedra CF | ||
2008-2013 | CCD Cerceda | ||
2013- | CD As Pontes | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. Colocouse este aviso de que o contido está desactualizado en abril de 2022. |
Aitor Díaz Chan, nado en Marín o 16 de abril de 1986, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Alondras CF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas Escolas Deportivas do Porvir CF, onde permaneceu ata ser cadete, cando fichou polo Pontevedra CF. Conseguiu o ascenso á División de Honra na categoría xuvenil, onde ó ano seguinte acadaron a segunda posición. Fixo a pretemporada varias campañas co primeiro equipo, e a súa primeira convocatoria para un partido oficial foi na tempada 2004-2005, indo ó campo do SD Eibar da segunda división.
Na tempada 2005–06 foi cedido ó Portonovo SD, onde fixo unha boa campaña na Terceira División. Interesouse por el o Deportivo de La Coruña, pero chegou a un acordo co Murcia CF para adestrar co primeiro equipo e xogar co filial na Segunda B, pero decidiu regresar ó Pontevedra CF pouco despois da súa marcha. Durante a tempada 2006–07 xogou co filial en Rexional Preferente, sendo un dos fixos na defensa e converténdose en capitán do equipo, co que conseguiu o ascenso á terceira división. Na campaña seguinte xa tivo ficha co primeiro equipo.
A comezos da tempada 2008/09 fichou polo CCD Cerceda, onde militou cinco anos, fichando polo CD As Pontes en 2013.
Persoal[editar | editar a fonte]
É fillo de Andrés Díaz, ex xogador do equipo granate.