Juan José Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan José Rocha Carro»)
Juan José Rocha
Nacemento1961
Lugar de nacementoAbegondo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan José Rocha Carro, nado en Abegondo no ano 1961, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou na corporación de Abegondo como concelleiro do PPdeG nas eleccións municipais de 1999, que lle deron a alcaldía a José Antonio Santiso Miramontes. En 2004, e logo de revalidar os populares a maioría absoluta nas autonómicas de 2001, Santiso Miramontes cedeulle a Alcaldía para ser Conselleiro de Agricultura no goberno de Manuel Fraga. Nas municipais de 2007 Rocha liderou a Agrupación Progresista de Abegondo cando a volta de Santiso Miramontes lle impediu presentarse como cabeza de lista do PPdeG. Co apoio de dous concelleiros do BNG e dun socialista conseguiu manter a Alcaldía desbancando ao PPdeG. En abril de 2009, Santiso Miramontes volve ocupar a alcaldía de Abegondo mediante unha moción de censura realizada co apoio do concelleiro Manuel Eladio, do PSdeG-PSOE. Rocha volveu presentarse á alcaldía por última vez en 2011 encabezando a lista de Agrupación Progresistas de Abegondo, e obtendo tres concelleiros.


Predecesor:
José Antonio Santiso Miramontes
 
Alcalde de Abegondo
 
2004 - 2009
Sucesor:
José Antonio Santiso Miramontes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]