Agnez Mo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agnez Mo
Agnes Monica no Asia Song Festival de 2009, en Seúl, Corea do Sur.
Nome completoAgnes Monica Muljoto
AliasAgnez Mo
Data nacemento1 de xullo de 1986 (37 anos)
Nado enIacarta, Indonesia
OcupaciónCantante e actriz
XéneroR&B
pop
dance-pop
Instrumento(s)Voz e piano
Selo(s) discográfico(s)Aquarius Musikindo
The Cherry Party
Sony Music Entertainment
Relacionado conAhmad Dhani
Titi DJ
Yana Julio
Keith Martin
Christian Chavez
Timbaland
T.I.
Tempo en activo1992 – presente
PseudónimoAgnez Mo
Na rede
agnezmo.com
IMDB: nm1296883 Facebook: agnesmonica Twitter: agnezmo Instagram: agnezmo Spotify: 6pMR8Zgot664613rAiLC2Z iTunes: 118177178 Last fm: Agnes+Monica Musicbrainz: fefae7fc-2c9d-4a45-b84c-2875a68ac803 Songkick: 306642 Discogs: 2367648 Allmusic: mn0001559461 Genius: Agnes-monica Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Agnes Monica Muljoto, nada en Iacarta o 1 de xullo de 1986, é unha cantante e actriz indonesia coñecida coma Agnez Mo. Empezou a súa carreira na industria do entretemento con seis anos de idade. Como cantante infantil, Agnez lanzou tres álbums, e ademais converteuse en presentadora de varios programas de televisión para nenos.

No 2003, Agnez lanzou o seu primeiro álbum adulto titulado And the Story Goes, que catapultou o seu nome de volta na industria da música indonesia. O éxito que obtivo na súa terra natal fomentou que Agnez establecese como meta para comezar unha carreira de alcance internacional. No segundo álbum lanzado en 2005, Whaddup A..'?!, colaborou co cantante estadounidense Keith Martin. Agnez tamén apareceu nas series asiáticas The Hospital e Romance In the White House en Taiwán.

Agnez gañou por dúas veces o premio do concurso Asia Song Festival de Seúl, Corea do Sur, en 2008 e 2009. No seu terceiro álbum, Sacredly Agnezious (2009), empezou a se involucrar como produtora e compositora. No 2010, formou parte do xurado do concurso de talentos Indonesian Idol. Tamén participou como un dos presentadores e como artista nos American Music Awards de 2010, celebrado nos Os Ánxeles.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Si Meong (1992)
  • Yess! (1995)
  • Bala-Bala (1996)
  • And the Story Goes (2003)
  • Whaddup A.. '?! (2005)
  • Sacredly Agnezious (2009)
  • Agnes Is My Name (2011)
  • Agnez Mo (2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]