A agana (Galium verum L.), tamén chamada callaleite, herba coalleira, herba da agana, herba do agano, herba do rodico, herba dos aganos, preseira, presoiro e rodesno, é unha planta orixinaria de Eurasia que medra en terreos secos, preto do mar.
É unha planta anual herbácea con rizoma moi ramificado, caule ergueito, de sección cadrada e altura moi variábel, desde 5 a 120cm (ordinariamente, de 20 a 70cm), con follas, estreitas e lanceoladas, agrupadas en verticilos de 4-12 follas, e flores pequenas, cruciformes, de cor amarela brillante, agrupadas en densos acios terminais, que desprenden un aroma agradábel, semellante ao do mel. En Galicia pódese ver especialmente nas montañas do interior.
Düll, R. e H. Kutzelnigg (2011): Taschenlexikon der Pflanzen Deutschlands. 7. Auflage, Quelle & Meyer-Verlag. ISBN 978-3-494-01424-1
Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. 3ª edición. Barcelona: Ediciones Península, pp.749–740. ISBN 84 8307 242 4 (1ª ed. publicada por Editorial Labor en 1961).
Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S.A., p.840. ISBN 842820979 0