Saltar ao contido

Cálculo renal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cálculo renal
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Localización habitual da dor causada por pedras nos riles
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/09hbx Editar o valor en Wikidata
MeSHD007669 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
CIAP-2U95 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB11346 Editar o valor en Wikidata
CIE-11389168514 Editar o valor en Wikidata
CIE-9592.0 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000458 Editar o valor en Wikidata
eMedicine437096 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779728849, C2779403450, C3018485028 e C2909929058 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)[1][2] no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias.[3] As pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción.[3] Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses.[3] Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome.[3] Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.

A doenza de cálculos renais, tamén coñecida como pedras nos riles, nefrolitiase ou urolitiase, prodúcese cando se forma unha peza sólida de material (chamada "cálculo", do latín calculus, pedra)[4][5] no ril ou na vexiga. A partir de aí, a maioría viaxa polas vías urinarias.[3]

Formación

[editar | editar a fonte]
Cálculo renal ou nefrolito de máis de medio cm de diámetro.

As pedras nos riles normalmente fórmanse no ril e abandonan o corpo durante a micción.[3] Unha pequena pedra pode pasar sen causar síntomas (90% ou máis) dentro de 3 meses.[3]

Se unha pedra crece máis de 5mm (0'2 in) pode causar o bloqueo do uréter que provoca dor intensa na parte baixa das costas ou no abdome.[3]

Un cálculo renal de 1 cm ou máis non pode pasar por si só e require cirurxía.

O nome médico para a dor de pedras nos riles é cólico renal. Unha pedra tamén pode provocar sangue na urina, vómitos ou micción dolorosa (disuria).[3] Ao redor do 50% das persoas que teñen pedras nos riles terán outro dentro de 5 anos, especialmente se teñen menos de 25 anos.

A historia dos cálculos renais remóntase a miles de anos. A primeira cirurxía documentada para tratar pedras data do século VIII a. C., cando o cirurxián indio Súshruta describeu procedementos detallados para a extracción de cálculos urinarios.[6]

Durante a Idade Media europea, os cirurxiáns especializados, chamados litotomistas ('lithotomists'),[7] viaxaban de cidade en cidade para realizar cirurxías para retirar pedras, a miúdo con grandes riscos e sen anestesia.

A cirurxía moderna para tratar os cálculos renais desenvolveuse moito no último medio século, con técnicas como a litotricia por ondas de choque e a ureteroscopia, que ofrecen tratamentos menos invasivos e con menor tempo de recuperación.

Sábese que as pedras nos riles e na vexiga poden chegar a ser mortais, e especúlase que Leopold Mozart (o pai de W. A. Mozart) e Oliver Cromwell faleceron por complicacións cos cálculos renais. Hai relatos sobre outros personaxes históricos diversos que padeceron pedras nos riles, como Benjamin Franklin, Isaac Newton, Napoleón III ou o tsar Pedro o Grande.[8]

Prevención

[editar | editar a fonte]

A prevención dos cálculos céntrase en cambios no estilo de vida e na dieta para minimizar os riscos. Recoméndase aumentar a inxesta de líquidos, especialmente auga, para producir polo menos 2 l de urina ao día, o que axuda a diluír as substancias que poden formar pedras. Limitar a inxesta de sal e proteínas animais tamén reduce a probabilidade de formación de cálculos de oxalato de calcio (os máis comúns). Evitar alimentos ricos en oxalato, como espinacas, remolacha, froitos secos etc., tamén pode ser beneficioso. Finalmente, o consumo moderado de calcio a través da dieta (non mediante suplementos) pode axudar a reducir a formación de pedras, xa que o calcio dietético axuda a ligar o oxalato no intestino, impedindo a súa absorción e acumulación no ril.[9]

  1. A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'.
  2. "calculus". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "Kidney Stones - NIDDK". National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
  4. A etimoloxía do "cálculo" alxebraico remite á mesma orixe latina, polas pedriñas dos ábacos. Outras palabras como cal ou calcio, teñen un posíbel vínculo etimolóxico, ao derivar das raíces proto-indoeuropeas *kel- e *kalk-, asociadas con 'material duro'. Estas raíces tamén están conceptualmente relacionadas con termos para pedras ou cascallo, como a palabra grega 'khalix'.
  5. "calculus". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
  6. "History, epidemiology and regional diversities of urolithiasis". pmc.ncbi.nlm.nih.gov (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2024.
  7. Davidson, Fiona (2016-11). "Lithotomists, cataract-curers, and hernia-carvers: The Surgical School of Preci". Journal of Medical Biography 24 (4): 440–452. ISSN 1758-1087. PMID 26169130. doi:10.1177/0967772015578576.
  8. Nguyen, Dr Mike (2012-03-03). "13 Famous Kidney Stoners - Celebrities with Stones - KidneyStoners.org" (en inglés). Consultado o 2024-11-20.
  9. "KIDNEY STONES: AN UPDATE ON CURRENT PHARMACOLOGICAL MANAGEMENT AND FUTURE DIRECTIONS". pmc.ncbi.nlm.nih.gov (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.