Saltar ao contido

Agalychnis callidryas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agalychnis callidryas
Agalychnis callidryas
Edward Drinker Cope 1862 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Sinonimia
  • Hyla callidryas Cope, 1862
  • Agalychnis helenae Cope, 1885
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAmphibia
OrdeAnura
FamiliaHylidae
XéneroAgalychnis
EspecieAgalychnis callidryas Editar o valor en Wikidata
(Cope, 1862) Agalychnis callidryas Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/07620n Editar o valor en Wikidata
ITIS208130 Editar o valor en Wikidata
OTT9483 Editar o valor en Wikidata
UICN55290 Editar o valor en Wikidata
CoL65JNR Editar o valor en Wikidata
EOL1039149 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Agalychnis callidryas é unha especie de anfibio anuro da familia de Hylidae, que habita dende o sur de México até o noroeste de Colombia.[1] Salienta polos seus grandes ollos vermellos con pupila vertical. Como adultos chegan a ter cores brillantes sobre todo o seu corpo.[2] Predomina o verde, pero usualmente presentan outras cores como azul ou amarelo.[3] As patas dianteiras presentan un azul brillante, mentres que as traseiras son vermellas ou alaranxadas. A coloración desta ra é moi rechamante. O macho é máis pequeno que a femia: 56 mm e a femia 71 mm. Son de hábitos nocturnos e arborícolas. Aliméntase primordialmente de insectos. Entre os seus depredadores pódense nomear as aves, morcegos e serpes. A súa pel contén toxinas, pero non son tan poderosas.

Prefiren as terras baixas húmidas dos bosques chuviosos, en áreas achegadas a corpos de auga. Descubríronse incompatibilidades xenéticas entre individuos de diferentes rexións xeográficas dentro do mesmo país de orixe, polo que a pesar do seu gran parecido morfolóxico empézase a dubidar de que todas pertenzan á mesma especie.[4]

As ras arborícolas depositan os ovos na vexetación que pendura enriba da auga. É un comportamento reprodutivo curioso e cando chega o momento da eclosión, a cuberta dos ovos vaise desfacendo e os cabezolos escorregan pola folla e caen á auga, onde levan unha vida como calquera larva de anuro.

  1. Frost, Darrel R. 2013. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.6 (9 de enero de 2013). American Museum of Natural History, New York, USA.
  2. Robertson, J. M. & Robertson, A. D. 2008. Spatial and temporal patterns of phenotypic variation in a Neotropical frog. pp. 830-843.
  3. "Agalychnis callidryas". University of Michigan Museum of Zoology.
  4. Pyburn, W. F. 1970. «Breeding behavior of the leaf-frogs Phyllomedusa callidryas and Phyllomedusa dacnicolor in Mexico.» Copeia, 1970, 209-218.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]