Afonso Carrasco Rouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Alfonso Carrasco Rouco

Alfonso Carrasco Rouco, nado o 12 de outubro de 1956 en Vilalba, é un crego católico e bispo de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfonso Carrasco é sobriño de Antonio María Rouco Varela, arcebispo de Madrid, e ordeouse sacerdote en abril de 1985. Estudou filosofía na Universidade de Salamanca e licenciouse e doutorouse en teoloxía na Universidade de Friburgo (Suíza). Logo realizou traballos de investigación na Universidade de Múnic e regresou a Madrid, onde ocupou cargos na Conferencia Episcopal Española, onde é membro da comisión teolóxica para a doutrina da fe.

O 30 de novembro do 2007 foi nomeado bispo de Lugo, en substitución de Xosé Gómez González, xubilado ao chegar aos 75 anos.