Saltar ao contido

Aeroporto de Kärdla

Aeroporto de Kärdla
Hiiumaa Rural Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Estado de uso
Características
 Localidade servida
 Pistas de aterraxe
14/32
lonxitude: 1.379 m
amplitude: 30 m
material: asfalto
Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Datas
 Inauguración
1963 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Clientela
9.379 (2020)
10.769 (2021)
12.004 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   5 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Hiiessaare (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0by3kf Editar o valor en Wikidata
IATAKDL Editar o valor en Wikidata
ICAOEEKA Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O aeroporto de Kärdla (IATA: KDL, OACI: EEKA) é un aeroporto estoniano situado a 13 quilómetros ao leste da cidade de Kärdla, na illa de Hiiumaa.

O aeroporto foi inaugurado en 1963. Durante os seguintes anos tivo a súa máxima actividade, con voos regulares cara Talín, Haapsalu, Vormsi, Kuressaare, Riga, Pärnu, Viljandi e Tartu, e voos chárter a Murmansk, Vilnius e Kaunas. No ano 1987 usaron o aeroporto 24 335 pasaxeiros, pero o tráfico aéreo descendeu dramaticamente tras a independencia de Estonia en 1991. En 1995 só 727 pasaxeiros viaxaron a través do aeroporto. Dende entón o tráfico foi incrementándose novamente e en 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 9 168 pasaxeiros.

O 23 de novembro de 2001 un avión procedende de Talín con 17 persoas a bordo esnafrouse na ruta a Kärdla, preto de Palade en Hiiumaa, a uns 2 quilómetros da pista. Dúas persoas morreron no accidente.[1]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
TransaviabaltikaTalín
  1. ↑ Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Consultado o 15 de maio de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]