Aerolíneas Federales
Aerolineas Federales | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Vigo, ![]() |
Período | 1986 - 1989 2011 - presente |
Xénero(s) | pop rock |
Membros | Miguel Costas Flechi Silvino Díaz Coral Blázquez Rosa Costas Silvia Superstar |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20160304115615/http://www.aerolineasfederales.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aerolíneas Federales é un grupo musical formado en Vigo na década dos 80.
Historia[editar | editar a fonte]
Formado en Vigo en 1981 por Miguel Costas, e os seus amigos Flechi e Silvino[1]. Nos seus inicios traballaban con guitarra, baixo e caixa de ritmos. A partir de 1983 incorpórase ao grupo un batería e Flechi pasa a ser cantante da Banda. Ese mesmo ano, gañan o concurso de rock de Radio 3 na Coruña e Flechi abandona a banda para liderar a formación As termitas. Flechi morreu dun infarto en Londres no ano 2002.
A seguinte formación da banda está composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e dúas mozas Coral e Rosa, realizando cancións con guitarras potentes e letras divertidas e nalgúns casos surrealistas.
Coral desapareceu e foi substituída por Silvia; Miguel Costas acabou índose tamén; o grupo completo desapareceu a mediados dos 90, logo dunhas colaboracións no programa Xabarín Club, da televisión de Galicia. Miguel Costas formou o grupo Os Feliz[2], mentres que Silvia engadiuse Superstar e foise ás Killer Barbies.
Na primavera do ano 2011 a banda reuniuse novamente para realizar dous concertos en Lima, e no mes de novembro confirmaron unha nova actuación en Barcelona. Ademais, a principios do 2012 editarase unha colección de maquetas do grupo, titulada Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993[3].
Discografía[editar | editar a fonte]
O grupo sacou ó mercado cinco discos ó longo da súa carreira[4]:
- Aerolíneas Federales (1986) - DRO
- Hop hop (1987) - DRO
- Tomando tierra (1988) - DRO
- Échame sifón (1989) - DRO
- Una o ninguna (1991) - BMG-ARIOLA
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biografía de Aeorlíneas Federales
- ↑ "Aerolíneas Federales na páxina POPes80". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2009. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
- ↑ Rebenaque, Juan (02 de novembro de 2011). "Vuelve Aerolíneas Federales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de novembro de 2011.
- ↑ "Discografía". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aerolíneas Federales ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web oficial
- Videoclip da súa canción "Non todo é o que parece", emitido no Xabarín Club.