Una o ninguna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Una o ninguna

Una o ninguna é o quinto álbum de estudio da banda viguesa Aerolíneas Federales.

Editado por RCA en 1991, nel xa non participan Miguel Costas nin Coral Alonso, que foran até entón dous dos alicerces do grupo.

No disco participa como vocalista Silvia García (coñecida como Silvia Superstar), que tras este proxecto fundaría Killer Barbies. Segue fiel ao estilo da traxectoria da banda, con cancións sinxelas e desenfadadas de ar adolescente. O rock e o pop mestúranse con sons coma o punk ou o ska.

Tras a publicación deste álbum a banda aínda seguiría un tempo en activo. Entre outros actos, colaboraron co programa de televisión infantil Xabarín Club da TVG. Incluíronse cancións súas na serie de discos A cantar con Xabarín, xunto con outros grupos galegos e lusófonos.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  • "Asesiné a mi novio" - 3:10
  • "No sigas mi camino" - 3:00
  • "Otro domingo" - 3:50
  • "Bésame" - 2:01
  • "Esta es nuestra noche" - 3:20
  • "Huesos, sangre y trozos de carne" - 3:00
  • "Quiero que me lobotomices" - 2:40
  • "Una madre es una madre" - 3:15
  • "Voy a cantar" - 2:52
  • "Lulú" - 3:42
  • "Una o ninguna" - 3:45

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]