Aegithalos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aegithalos
Aegithalos caudatus
Aegithalos caudatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Aegithalidae
Xénero: Aegithalos
Hermann, 1804
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia

Aegithalos é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, o tipo da familia dos exitálidos (Aegithalidae).[1]

Características[editar | editar a fonte]

  • Teñen as colas de tamaño mediano a longo.
  • Constrúen niños en forma de bolsas entretecidas, pendurantes de árbores.
  • A maioría das especies comen unha dieta mixta que inclúe insectos.

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies de Aegithalus distribúense por Eurasia, desde a China e Taiwán até a Europa Occidental, pasando polo sueste asiático e Asia Meridional.

Na península Ibérica (incluída Galicia) só se presenta Aegithalos caudatus, o ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1804 polo médico e naturalista francés Johann Herrmann.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Aegithalus está tirado do grego antigo αιγίθαλλος ou αιγίθαλος aigíthallos, aigíthālos, nome dun paxaro do familia dos páridos.[3][4]

Este nome grego foi citado por Aristóteles, que describe na súa obra Historia dos animais ou Investigacións sobre os animais (en grego Περὶ Τὰ Ζῷα Ἱστορίαι, en latín Historia animalium) varios paxaros con este nome.[5]

Clasificación[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense actualmente as seguites especies:[1][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Aegithalos en Biolib.
  2. "Rabolongos e subeliños", en Nomes de plantas e animais, no blog de Miguel A. Conde Teria.
  3. Aegithalos no Merriam-Webster Dictionary.
  4. AEgithalos no Dictionarium Etymologicum Latinum (etc.) Or, a Dictionarie Declaring the Etymologies, the Originall and Derivation of All Words Used in Any Latine Authors, de Francis Holyoake, Kingston, 1639.
  5. Geoffrey Arnott, W (2007): Birds in the Ancient World from A to Z. Routledge.
  6. Aegithalos Hermann, 1804 no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]